Saltar navegación

Forza eléctrica

ELECTRIC FORCE

When two bodies are charged, a force appears between them with the following characteristics:

It is repulsive between charges of the same sign.

It is attractive between charges of different signs.

It decreases with distance.

It increases with the value of the charges.

It does not need to be contact between the bodies.

FORZA ELÉCTRICA

Cando temos dous corpos cargados, aparece unha forza entre eles coas seguintes características:

Repulsiva entre as cargas do mesmo signo.

Atractiva entre as cargas de diferentes signos.

Aumenta co valor das cargas.

Decrece coa distancia.

Non é necesario que haxa contacto entre os corpos, é unha forza a distancia.

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

As cargas do mesmo signo . Pero se temos unha carga positiva e outra negativa, estas . A forza eléctrica actúa a . A maior distancia entre cargas forza.

Habilitar JavaScript

LEI DE COULOMB

Esta lei, formulada polo físico francés Charles-Augustine de Coulomb dinos que a forza entre as cargas é directamente proporcional ó produto das cargas, e inversamente proporcional ó cadrado da distancia cas separa. É unha forza atractiva entre cargas de distinto signo e repulsiva entre cargas do mesmo signo.

As cargas mídense en culombios (SI) ou as súas subunidades como microculombios (μC ) ou nanoculombios (nC). Na fórmula hai que pasar as unidades a culombios.

A distancia mídese en metros (m).

A forza mídese en Newton (N).

Aparece a constante K que no vacío vale 9·109 N·m2/C2

Wikipedia. dna-dennis. CC BY

EXERCICIOS LEI DE COULOMB

1. Calcula a forza eléctrica entre unha carga positiva de 6μC e unha negativa de 5μC separadas 3 m. A forza é atractiva ou repulsiva?

2. Calcula a distancia entre dúas cargas positivas de 3μC para que a forza repulsiva sexa de 1N.