Saltar navegación

Electricidade na natureza

AS TORMENTAS

Nunha tormenta, as nubes adquiren carga eléctrica por rozamento. Se acumulan moita carga, pódese chegar a producir unha descarga entre nubes, relámpago. Ou da nube ó chan, raio.

Fórmanse pola coincidencia de masas de aire a distintas temperatura.

Un raio pode producir graves danos, coma incendios ou a morte de animais e persoas. O pararraios o pode evitar ó acadar que o raio se descargue de forma controlada.

Pixabay

TRANSMISIÓN DO IMPULSO NERVOSO

Prodúcese nas neuronas, células especializadas do Sistema Nervoso. Estas teñen unha prolongación principal, chamada axón e outras máis pequenas que se chaman dendritas. Nelas xéranse correntes eléctricas polo paso de ións de sodio, potasio e cloruro. Estas correntes transmiten impulsos cos que se coordinan as diversas funcións do corpo.

Wikipedia. CC BY-SA