A densidade do noso planeta/ Density of our planet
A Terra está estructurada encapas de densidade crecente Así, na zona máis externa áchase a atmosfera, ou capa gaseosa. Baixo ela atópase a hidrosfera, ou capa de auga.
Debaixo da atmosfera e a hidrosfera, atópase a xeosfera, ou espera rochosa, que comprende a maioría dos materiais terrestres, dende as rochas superficiais ata as rochas máis profundas do planeta.
Hai moitos anos, cando se formou a Terra, facía moita calor. As choivas e as treboadas arrefriaron a parte exterior do noso planeta. Moitos científicos cren que, a medida que a Terra se arrefriaba, os materiais máis pesados caeron cara ao centro e os materiais máis lixeiros subiron á parte superior. A capa máis fría exterior na que vivimos chámase codia. A codiada Terra está cuberta de formas terrestres, de aire e de auga. Despois da codia, a seguinte capa é o manto. O manto é a capa debaixo da codia. O manto está moi quente. O manto ten rochas en forma fundida. O núcleo está situado xusto debaixo do manto. O núcleo divídese en dúas partes, o núcleo exterior e o núcleo interno. O núcleo exterior está en estado líquido. O núcleo interior está en estado sólido.