Saltar navegación

Jacqueline K. Barton

JACQUELINE K. BARTON

Naceu en Nova Iorque en 1952. Estudiou no Barnard College onde se licenciou en ciencias en 1974 e fixo o doutorado na Universidade de columbia en 1979 sobre química inorgánica, cunha tese sobre os compostos coñecidos como azuis de platino. Traballou en numerosos centros de investigación, tanto académicos como empresariais. En 1983 retorna a Columbia como profesora titular.

En 1989 é nomeada profesora titular do instituto Tecnolóxico de California (CALTECH) e alí coñece a peter Dervan, tamén químico, co que contraerá matrimonio.

Foi galardonada con numerosos premios.

Investigando sobre a incidencia dos metais nos sistemas biolóxicos, diseñou ferramentas moleculares para explorar as variacións na estrutura e conformación do ADN. Barton estudiou as posibilidades que teñen as bases químicas do ADN de transferir electróns. Barton, xunto a Colin Nuckolls, acadou a medir a capacidade dunha molécula para levar electricidade a través de dous nanotubos de carbono. Desta maneira se poden identificar enfermidades vinculadas con mutacións.

Wikipedia. CC BY-SA

MORE INFORMATION IN ENGLISH

Barton discovered that DNA conducts electric current but not as well-or not at all- when its tight organization is disrupted by damage from certain chemicals or mutations. That finding should allow researchers to look for mutations, using chips made of strands of DNA attached to gold on silicon wafers. Barton is investigating whether nature has developed tactics to cope with such damage.