EMULSIÓNS
Unha emulsión é un coloide no que a fase dispersa e a dispersante son dous líquidos inmiscibles (como a auga e o aceite). As partículas da fase dispersa se manteñen de forma homoxénea na fase dispersante grazas a unha terceira sustancia chamada emulsionante.
Exemplos de emulsións son a maionesa, o leite ou as cremas cosméticas. No caso da maionesa, o emulsionante é a lecitina, unha sustancia presente na xema do ovo; e no caso do leite, a caseína, unha proteína que forma parte dela.