
Interface RepetierHost. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
A etapa de laminado convirte un modelo 3D nun arquivo que a impresora pode interpretar ou, o que é o mesmo, convirte un arquivo .stl nun arquivo .gcode.
Vexamos como empregar o software Repetir Host, para laminar e imprimir en 3D os compoñentes que precisamos para a MarumaSAt.
Interface RepetierHost. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
Dependendo da configuración do ordenador pode suceder que cando descarguemos o arquivo .stl desde Blockscad se abra automáticamente en RepetierHost ou que teñamos que abrilo manualmente. Para isto, desde o menú podemos acceder a Arquivo->arquivo (imaxe 1) ou facer clic na icona arquivo da barra de ferramentas (imaxe 2):
![]() Abrir arquivo RepetierHost:menú. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
![]() Abrir arquivo RepetierHost:icona. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Abrir arquivo RepetierHost:menú. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
RepetierHost:erro e reparación. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
RepetierHost: pestana Slicer. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
Na ventana Slicer preséntanse varias opcións que debemos escoller: Slicer: no despregable elixese o software que empregaremos para laminar a peza. No noso caso sempre será Slic3r. Print Setting: ou configuración de impresión, determina a calidade da impresión. Para os nosos deseños podemos seleccionar Simple Mode ou Calidade Normal para prototipos e Calidade Boa ou Calidade Excelente para imprimir pezas definitivas. Extrusor 1: neste despregable eliximos o tipo de material do filamento, que no noso caso será sempre PLA. Se activamos a opción Override Slic3r Settings podemos modificar os seguintes parámetros: Enable Support: crea as estruturas de soporte necesarias para a impresión, para soportar por exemplo, partes voladizas. Por defecto, manterase sempre activado. Layer Height: ou altura da capa podemos elixir un valor comprendido entre 0.1 e 0.4. O valor máis pequeno determina unha mellor calidade de impresión, pero o proceso é mais lento. O valor 0.2 amosa un compromiso aceptable entre calidade e tempo suficiente para a maioría de deseños.
|
![]() Detalle ventana Slicer. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Densidade de Recheo: o valor 0% da lugar a unha peza completamente oca no interior, formada só pola capa externa, mentres que o valor 100% orixina unha peza maciza que consome moito material e os valores intermedios crean un patrón de recheo máis ou menos denso. Os valores comprendidos entre 20% e 30% son adecuados para a maioría das nosas impresións.
Patrón de Recheo: permite elixir entre diferentes formas de recheo. A forma Honeycomb ou panal de abella é moi empregada, pero podemos probar outras opcións.
Patrón de recheo sólido: indica como se forma a capa externa da peza. Podemos deixar por defecto rectilinear ou probar outras opcións.
RepetierHost: botón Slicer (laminado). Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
Cando remata o proceso de laminado, ábrese a ventana Print Preview.
Nela podemos observar os botóns: Imprimir: da comezo á impresión. Gardar en Arquivo: garda o arquivo gcode no cartafol do ordenador que lle indiquemos ou en calquera outro dispositivo de memoria. Save for SD Print: se queremos empregar a tarxeta de memoria da impresora no canto de ter conectado o ordenador, é necesario gravar o arquivo .gcode mediante este botón. O apartado Estatísticas de Impresión mostra o tempo estimado de impresión, o número de capas que se imprimirán, o total de liñas que forman estas capas e a lonxitude de filamento necesario. |
![]() Fin laminado RepetierHost. Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Visualización indica como se mostrará no ordenador o proceso de impresión no RepetierHost. Se desactivamos a opción Show Travel Movements, desaparecerán as liñas verdes da imaxe representada na área de impresión.
RepetierHost: conectar impresora Raquel Rendo. CommonsWikimedia. CC BY-NC-SA 4.0
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0