Aprende
Analizamos unha a unha todas as etapas:
Análise do problema
![]() |
Nesta etapa debemos analizar con moita exactitude cal é o problema ou necesidade que queremos resolver: pensa que unha mala identificación pode dar lugar a solucións que non o resolvan ou o fagan de xeito parcial. Tamén é importante ter en conta que condicións iniciais debe cumprir; estas poden afectar a aspectos funcionais, construtivos, económicos, estéticos, ecolóxicos ou de seguridade. |
Pxhere. CC0 1.0 |
Busca de información
![]() |
Posto que unha persoa non pode posuír todos os coñecementos necesarios para resolver calquera problema técnico, é necesario facer unha busca de información. Para seleccionar a información de xeito doado, hai que coñecer que datos precisamos (normalmente están establecidos nas condicións iniciais) e consultar fontes de información adecuadas ao noso nivel de coñecementos. As principais son os libros, catálogos, a web, calquera obxecto da nosa contorna e as conversas que poidamos establecer con con persoas especialistas. |
Clker. Pixabay. CC0 1.0 |
Deseño e planificación
![]() |
Nesta etapa póñense en xogo a creatividade e os coñecementos científicos e tecnolóxicos. Antes de iniciar o deseño compre determinar como dar solución ao problema ou necesidade identificado. Facémolo mediante a xeración e a concreción de ideas, é dicir, achéganse unha serie de solucións que aínda que poidan parecer correctas deben ser analizadas con detalle, para elixir aquela que sexa considerada a mellor. Se o traballo se realiza en grupo, un recurso moi eficaz é levar a cabo unha tormenta de ideas. |
Pxhere. CC0 1.0 |
Elixida a idea, o deseño faise a través da expresión gráfica: bocetos, croquis e planos.
A planificación dá fin á fase tecnolóxica establecendo de que forma se vai construír o obxecto técnico, é dicir, que materiais, compoñentes e ferramenta son necesarios para levar a cabo a fabricación do obxecto. Ademais, como esta é normalmente moi complexa, é necesario dividir a fabricación en pequenas unidades de traballo e determinar quen é o responsable de cada parte e cando se vai levar a cabo.
Construción
![]() |
Nesta etapa levamos á práctica as ideas que se expresaron sobre o papel na fase de deseño e planificación. Para iso é necesario aplicar as destrezas no manexo dos materiais, compoñentes e ferramentas e procurar facer un traballo preciso e limpo e para coidar a estética do obxecto construído. Nesta fase poden xurdir problemas inesperados que, nunhas ocasións, teñen solución, pero que noutras, obríganos a volver a deseñar unha parte do obxecto. |
Pxhere. CC0 1.0 |
Avaliación
Tamén é un debuxo realizado a man alzada, pero moito máis detallado e contén información sobre as dimensións do obxecto
Son debuxos delineados, realizados con axuda de instrumentos de debuxo, para conseguir unha representación exacta e a escala dun obxecto e/ou as partes que o forman