Antes de comezar a deseñar en 3D, ten en conta que en Blockscad as medidas están expresadas en milímetros (mm).
Actividade 15
Formas 3D: Esfera
En BlocksCad, debuxa unha esfera de radio 20 mm.
Despois, completa a seguinte frase:
Formas 3D: Cubo
Volve a Blockscad, borra a instrución anterior e debuxa un cubo de lado 20 mm, probando o que sucede cando elixes as opcións "centrado" e "non centrado".
A continuación, completa a seguinte frase:
Formas 3D: Octaedro
Un octaedro ou prisma rectangular ten seis caras planas, todos os seus ángulos son rectos e todas as súas caras son rectángulos. Cando dúas lonxitudes son iguais, entón tamén se lle chama prisma cadrado.
![]() |
![]() |
Prisma rectangular. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 | Prisma rectangular. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0 |
Observa as figuras representadas con Blockscad e despois, completa a seguinte frase:
Formas 3D: Cilindro
Volve a Blockscad, borra as instrucións anteriores e debuxa un cilindro 10 mm de radio e 40 mm de altura, probando o que sucede cando elixes as opcións "no centrado" e "centrado".
A continuación completa a seguinte frase:
Formas 3D: Cilindro (2)
Volve a Blockscad, mantén o valor do radio1 igual a 10mm, a altura igual a 40 mm e modifica o valor do radio2 (para poder cambialo tes que abrir o candado facendo clic nel). Proba con dous valores: 0 mm e 5 mm.
A continuación completa a seguinte frase.
Debuxando formas 3D con Blockscad
Debuxando formas 3D. Raquel Rendo. Google Drive. CC BY-NC-SA 4.0
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0