UDI 4. "Tennessee Wig Walk"
A canción
Aquí tes a letra (en inglés e en galego) e máis abaixo aparecen os audios para que poidas practicar: só a melodía e só o acompañamento.
Ánimo!
Melodía:
Acompañamento:
A partitura
Aquí tes a partitura coa letra, para que poidas seguila mellor!
A música country
O country é un estilo musical que borde ao redor de 1920, no sur de EEUU. É o resultado da mestura da música folclórica de países europeos como Irlanda, con formas como o blues ou o gospel.
Algúns estudiosos, consideran que este estilo naceu das baladas angloceltas (irlandesas e escocesas) dos que se asentaron nas montañas dos indios Apalaches.
A influenza dos afroamericanos chega da man dun dos instrumentos máis característicos, o banjo.
A primeira gravación deste estilo musical foi feita pola familia Carter, e nun principio recibiu o nome de hillbilly; e a partir de entón, converteuse nun xénero de moito peso, ata os nosos días.
Pero o country abarca xéneros musicais diversos e imos coñecer algúns dos máis importantes:
- Nashville sound: música que se achega ao pop.
- Bluegrass: estilo rápido baseado no banjo, violín e mandolina.
- Western: baladas tradicionais do oeste e dos vaqueiros de Hollywood.
- Oldtime: música folklórica de antes de 1930.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0