Danza
Danzas Tradicionais dos EEUU
Os EEUU son o fogar de danzas como o Rock and Roll, o Charleston, o Hip-hop ou o Swing.
Pero nós imos coñecer as danzas do estado de Tennessee, as danzas relacionadas coa música country.
Os hillbillies (os granxeiros desa zona de EEUU) organizaban as súas festas no palleira, no comedor da casa ou fóra, e a ritmo de violíns, banjos, etc, bailaban aportando cada un as figuras tradicionais da súa terra, combinádoas e formando novas e curiosas danzas. Recibiron o nome de Old time country dance, é bailábanse en parellas e formando un cadrado. Tiña un parecido co menuet francés, máis refinado.
Nos saloons, os cowboys, que non eran moi áxiles á hora de bailar, marcaron a vestimenta e a estética do baile country: a forma de subirse ao cabalo, como ataban ás vaquillas, etc, todos eses movementos se trasladaron aos pasos de baile. Xurdiron bailes como o Two step ou o Three step, que eran como un Foxtroot, pero o home separaba máis as pernas e facía os movementos máis longos para non dañar coas esporas á muller, combinando a punta e o tacón.
O country recibiu influenzas doutras músicas como o jazz, o blues, o rock, etc. Destas mesturas xurdiron bailes como o Western Swing, o Honky Donk, Rockabilly, entre outros, na que os movementos de baile eran unha mestura de ambos estilos.
Na actualidade o country ten un baile que o identifica: o Line Dance, que seguro todos coñecedes. Fíxose famoso cunha canción de Ray Cyrus, “Achy Breaky Heart”: é un baile que se fai en línea, sen parella, e con pasos cruzados, facendo un cadrado sobre un mesmo. Este está a mesturarse tamén con outros estilos como a música disco, o pop, etc, dando lugar a novos bailes.
Bailando o "Tennessee Wig Walk"
Agora toca bailar!
Imos practicar a danza que acompaña a esta canción.
Os pasos que hai que seguir son:
1º paso: facemos unha roda por parellas colléndonos polas mans esquerdas.
2º paso: cando comece a letra, cada un fai dous pasos cara a dereita, levantando o pé esquerdo e a man dereita no último.
3º paso: facemos o mesmo cara a esquerda, e no proceso cambiamos a man esquerda que tiñamos agarrada pola dereita, levantando entón, a man esquerda e o pé dereito.
4º paso: colocámonos un ao lado do outro, mirando cada un para un lado, e camiñamos en círculos pegados; cada catro pasos damos un pequeno salto.
5º paso: ao dar a volta completa, quedamos mirando de frente a un membro da parella que tiñamos o lado, e facemos palmas nas pernas, nas mans e contra as súas mans.
6º paso: repítese todo o proceso, cambiando de parella ata que finalice a canción.
Preparade o corpo...e comezade a bailar!
Os instrumentos e as danzas do Country
Di son verdadeiros ou falsas:
Retroalimentación
Verdadeiro
Tamén o é o Three Step
Retroalimentación
Falso
Empréganse as guitarras e baixos eléctricos
Retroalimentación
Falso
Foi Benjamin Franklin quen a inventou
Retroalimentación
Falso
O máis coñecido nos nosos días é o Line Dance
Retroalimentación
Verdadeiro
Retroalimentación
Verdadeiro
Pode tocarse punteado ou con arco
Retroalimentación
Verdadeiro
Se emprega tamén noutros estilos de música.
Retroalimentación
Falso
A danza que se asemella ao menuet francés é o Old time country dance
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0