Instrumentos

Os instrumentos tradicionais

Os instrumentos tradicionais na música country son, segundo as familias:


Cordófonos:

Son os sons máis característicos desta música. Destacan os instrumentos de corda pulsada:


A guitarra: este instrumento chega aos EEUU a través dos españois conquistadores, derivada do laúd ou vihuela. É un instrumento con forma de oito, con 6 cordas e un mastro. No seu centro ten un burato redondo. 





O banjo: é un dos instrumentos máis importantes da música norteamericana. É unha mestura entre un isntrumento de corda e un de percusión. Ten forma de guitarra cun mastro largo e un corpo redondeado. Este corpo, que en realidade é un círculo de madeira, presenta unha membrana estendida a modo de tambor, e moitas veces tócase como tal. Conta con 5 cordas. Os estudosos non teñen claro cal é a súa orixe, pero todos cren que probablemente sexa africana.



O violín sinxelo (o fiddle): instrumento de corda fretada; o violín empregado nesta música é o mesmo que xa vimos na música de Polonia e na música galega. A diferencia está no xeito de tocalo.




O contrabaixo: instrumento da familia do violín, corda fretada; é o máis grave da familia e o máis grande de tamaño. Tocábase de pé e empregábase máis como instrumento rítmico (xa que non tiñan todavía batería) que melódico. Consta de 4 cordas, e pode tocarse cun arco ou punteando cos dedos. É un instrumento moi empregado na música de Jazz na actualidade.





Aerófonos
:

A harmónica: é un pequeno instrumento que produce os sons ao soprar a través dunhas lingüetas metálicas. O sopro produce un son e a aspiración outro diferente. Hai diferentes formas e tamaños de harmónicas, pero a empregada na musica country é a diatónica (dous sons por cada orificio) con 10 buratos. Inventouse no século XIX, e o seu nome foi usado para un invento de Benjamin Franklin, a Harmónica de cristal, que ten pouca relación coa harmónica folclórica, porque produce son polo fretamento nos bordes de recipientes de cristal. 




O acordeón: este instrumento é igual o que xa vimos en Polonia e en Galicia. Destaca sobre todo nun estilo concreto de country, o Cajun, pero foi empregado tamén noutros.




Na country moderno, os instrumentos foron evolucionando, empregándose as guitarras eléctricas, o baixo eléctrico e a batería entre outros.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0