Linguaxe Musical

A partitura

Ocultar

Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.


Unha nova figura

Ocultar

Todos os elementos que aparecen nesta canción xa foron traballados nas unidades anteriores (compás 4/4, ligadura de expresión, matiz, signos de repetición).


Aparecen dúas novas figuras con puntiño:  e .



É o mesmo que o puntiño que xa explicamos, pero en figuras máis pequenas, na corchea.


Observa estes esquemas e así entenderalo un pouquiño mellor:

     

Unha nova tonalidade

Ocultar

Como xa vimos en unidades anteriores, a tonalidade e a modalidade son características da música que nos permiten amosar diferentes emocións. Por primeira vez, estamos traballando cunha canción que está na tonalidade de Re Maior.


Esta escala é a mesma que a escala de Do Maior, pero en lugar de comezar en Do, comeza en Re:



As distancias entre os seus sons son os mesmos, é dicir, os tons e semitóns están colocados no mesmo lugar. Podedes comprobolo nos seguintes exemplos:





Agora imos practicala un pouquiño. Axúdate do audio que segue:


A forma

Ocultar

Imos ver que forma ou estrutura ten esta canción. Para iso, empregaremos a partitura que temos arriba. Vedes algunha parte que se repita ou que se asemelle?


Podemos distinguir dúas partes ou melodías que cambian, non só nas notas senón tamén nas figuras que empregan. 



Tendo en conta estas dúas partes, podemos establecer que a estrutura é ternaria, ABA.




Compróbao ti mesmo!

Creando novas melodías

Ocultar

Coa canción xaponesa de Sakura, estivemos inventando novas letras para esa melodía.


Agora imos traballar coa propia melodía.


Empregando o acompañamento que aparece no audio, tedes que inventar unha nova canción. 


Podedes facelo empregando NA-NA, con notas ou cunha nova letra.


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0