Linguaxe Musical

A partitura

Ocultar

Unha vez que xa a sabemos, imos traballar un pouco coa partitura.


O compás. As ligaduras de expresión.

Ocultar

Como podes ver na partitura, o compás que empregamos nesta ocasión é o 2/4. Despois de todo o que xa aprendimos, lembra que este compás está representado por unha fracción na que o numerador indica que o número de pulsos é 2, e o denominador indica que a figura deses pulsos é a negra.



Na partitura tamén aparecen as ligaduras de expresión. Lembra que estes signos nos indican que non se fan respiracións durante a súa duración.

A tonalidade.

Ocultar

Igual que no mundo das cores existen diferentes tonalidades dunha mesma cor, na música ocorre o mesmo.  

Este debuxo, é o mesmo?

              


Si que o son, pero con diferentes tonalidades.


Unha mesma melodía pode ser cantada a diferentes alturas, pero segue sendo a mesma. Compróbao no audio que segue!



Isto é o que se chama tonalidade!


Ademais da tonalidade, existe outra ferramenta para darlle cor á música. É o que nos permite facer cancións alegres ou tristes: chámase modalidade. Esta que estamos cantando, que vos parece? Soa triste, por iso é menor, mentres que se soara alegre sería maior.

Comproba a diferencia escoitando o audio!


A escala que empregamos nesta canción é a de La menor. Practícaa axudándote do audio.


O tempo.

Ocultar

Como xa vimos, existen termos que nos indican a velocidade dunha partitura (se queres lembralos, vai a "Preparativos da viaxe"), pero tamén hai outros que a modifican durante a mesma.


Os máis empregados son:

  • rit: abreviatura de ritardando, que significa reducindo a velocidade pouquiño a pouco.

  • accel: abreviatura de accelerando, que significa aumentando a velocidade gradualmente.


Nesta canción, aparece o segundo, xa que cada repetición hai que facela un pouquiño máis rápida.

A forma musical

Ocultar

Lembra que a forma musical é como está estruturada unha canción.


Esta canción ten unha forma moi sinxela. Está constituída únicamente por 1 parte, que se repite 4 veces, polo tanto a súa forma sería: AAAA.


Compróbao na partitura que segue: 


Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0