Unha pequena viaxe pola música do mundo
Danza
Danzas tradicionais galegas
As danzas máis coñecidas en Galicia son as seguintes (se premes no nome verás vídeos dos bailes):
A muiñeira: é un dos bailes máis característicos. A palabra deriva de muíño, e ven dada polo costume de cantar e bailar os mozos cando ían moer o gran. Ten dúas seccións que se repiten para dar paso o baile. Existen dúas variantes, a muiñeira vella (a máis antiga e cun ritmo característico de pandeireta, e o número de bailaríns é fixo) e a muiñeira nova (a máis popular, nun ritmo rápido de 6/8 e o número de parellas é ilimitado e máis improvisada). No baile normalmente unha parella facía o "punto" (o paso) e despois as demais repetíano. Como é o xénero máis importante, xurdiron variantes como a carballesa, a ribeirana, a redonda, o contrapaso, entre outras.
- A pandeirada: toma o nome do toque de pandeiro. É habitual que sexa cantada por mulleres: unha soa canta os dous primerios compases e o resto enlazan a continuacion. É moi parecida á muiñeira no baile.
- A alborada: composición instrumental en 2/4 que se usa para comezar as celebraciósn do dia. Moi parecida ás pasarrúas ou pasacorredoiras.
- A xota: é un ritmo moi áxil en 6/8 e baílase moi similar ao modelo aragonés, pero sen levantar tanto os pés.
- As foliadas: bailes de festa, co esquema da xota, pero interprétanse cantadas.
- As danzas das espadas: de orixe medieval. Os bailaríns vístense de branco cunha banda azul cruzada no peito e coas espadas suxeitas con cintas aos pulsos. O baile é en parellas coas mans arriba, sendo o movemento da muller máis lento, mentres que os homes saltan arredor, terminando sempre nunha roda.
Actividade despregable sobre as danzas galegas
Le e completa:
O baile de canto de roda
Para acompañar o canto de roda que estivemos a traballar, imos practicar unha pequena coreografía.
Os pasos a seguir son:
- 1º paso: colocámonos nunha roda agarrados polas mans e camiñamos a pulso. Na primeira parte cara a dereita, e cambiamos o sentido na 2ª parte.
- 2º paso: damos media volta, quedando de costas, e despois outra media para quedar como estabamos.
- 3º paso: damos un paso para adiante, outro para atrás e media volta, quedando de costas.
- 4º paso: unha media volta, e despois unha volta enteira, quedando para dentro da roda.
- 5º paso: facemos unha pequena reverencia, as nenas agochando os xeonllos, e os nenos inclinándose cara adiante.
Como vedes os pasos van seguindo a letra do que cantamos, así que é moi sinxela. O baile vai acelerándose como o fai a canción.
Para practicar aquí vai un vídeo demostrativo:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0