Instrumentos
Os instrumentos tradicionais de Galicia
Os nosos instrumentos tradicionais son moitos e moi variados. Moitos deles, seguro que xa os coñecedes. Imos repasalos e coñecer algún novo, seguindo a clasificación por familias que xa coñecemos:
Cordófonos: non son os máis habituais, exceptuando a zanfona e o violín.
Zanfona: é un instrumento moi antigo (procede do organistrum, que aparece no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago). Foi recuperada por Faustino Santalices. A súa forma é similar a un violín tumbado, pero as cordas soan cando son fretadas por outra corda que se move cando se xira unha manivela.
Violín: ten a mesma forma que o violín que xa vimos en Polonia. Chegou a Galicia de mans de peregrinos, e pasaron a mans de cegos e esmoleiros. Como é un instrumento moi difícil, era moi habitual que soase desafinado. Hoxe en día estase a recuperar o seu uso nas formacións de música folk.
Aerófonos: instrumentos de vento entre os que destacan:
Gaita de fol: compónse dun fol, que se enche de aire, un punteiro, onde se fai a melodía, e dous tubos (roncón e ronqueta) que fan as notas largas (notas pedal).
Clarinete
Acordeón
Idiófonos: dentro desta familia, destaca o uso de utensilios da vida cotiá como cunchas, botellas de anís, entre outros, para acompañar os cantos tradicionais.
Cunchas: son dúas cunchas de vieiras rascadas unha contra a outra, para acompañar as pezas.
Tarrañolas: dúas lamelas de madeira que soan ao entrechocar entre elas.
Charrasco: consiste nun mango longo de madeira, que na súa punta leva ferreñas, e que soa ao entrechocar o pau contra o chan. Pouco empregado hoxe en día.
Membranófonos: dentro desta familia destacan:
Bombo: gran cilindro de madeira con dúas membranas de pel. Tócase cunha maza e é o que leva o ritmo principal, acompañando á gaita.
Tamboril: parecido o bombo pero de menor tamaño e de son máis agudo e tócase con dúas baquetas.
Pandeiro: ten forma cadrada ou redonda cunha membrana; tócase apoiándoo nunha man e tanxendo coa outra, e coa man de apoio tamén golpes sinxelos.
Pandeireta: tradicionalmente só o tocaban as mulleres; consiste nun aro de madeira con ferreñas (círculos metálicos que soan ao entrechocar entre eles). Tócase de diferentes maneiras, segundo a zona de Galicia.
Verdadeiro ou falso sobre os instrumentos
Retroalimentación
Falso
Lembra que as tarrañolas son idiófonos formados por dúas pezas de madeira.
Retroalimentación
Verdadeiro
Xunto co punteiro forman a gaita o ronco, a ronqueta, o fol e o soprete.
Retroalimentación
Falso
Os instrumentos de corda usados foron o violín e a zanfona.
Retroalimentación
Falso
Faustino Santalices recuperou o seu uso no s. XIX, pero xa existía.
Retroalimentación
Verdadeiro
O organistrum aparece representado no Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago de Compostela.
Retroalimentación
Falso
O roncón e a ronqueta levan as notas pedal, as notas largas.
Retroalimentación
Verdadeiro
O pandeiro empregábase como acompañamento e tócase coas dúas mans.
Retroalimentación
Verdadeiro
Lévanas algúns instrumentos de percusión como a pandeireta.
Retroalimentación
Verdadeiro
Soan canda batemos o pau contra o chan.
Retroalimentación
Verdadeiro
O bombo é o que leva o pulso como acompañamento.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0