Seguro que desfrutas moito cando escoitas a túa canción favorita, e distingues rapidamente aos teus amigos só con escoitar a súa voz... Pero, que é o son? Como se produce? Por que diferenciamos a voz das persoas?
Despois de navegar por este recurso e ver os dous experimentos que che propoñemos, vas poder responder ás preguntas anteriores e tamén a outras relacionadas co son.
Para navegar por este recurso, só tes que fixarte no menú da esquerda e ir avanzando polos diferentes apartados mediante as frechas que aparecen á dereita da pantalla. Non esquezas realizar as actividades e a autoavaliación para comprobar o que aprendiches.