Rodéanos, necesitámolo para vivir, sabemos que está aí... e ata o podemos sentir ás veces rozando con forza a nosa pel. Que sabes acerca do aire? De que está composto? Por que nos é tan necesario? Cales son as súas características?... Convidámosche a experimentar connosco as propiedades do aire e coñecer un pouco máis este elemento e como afecta ás nosas vidas.
Ceo con papaventos (CC BY-SA)
Para poder navegar por este recurso, simplemente tes que fixarte no menú que tes á esquerda e ir avanzando por el a través das frechas que tes á dereita.