Saltar navegación

GUÍA DIDÁCTICA PARA O PROFESORADO

INTRODUCIÓN

Este recurso foi deseñado para ser utilizado na área de Ciencias naturais, nos niveis de 5º e 6º de Educación Primaria. A planificación desta secuencia didáctica está organizada para seguir a metodoloxía da clase invertida (flipped clasroom; ver http://www.theflippedclassroom.es/what-is-innovacion-educativa/), aínda que se pode adaptar fácilmente a outras propostas metodolóxicas máis clásicas. A través desta secuencia o alumnado comprenderá dun xeito máis vivencial, conceptos fundamentais  da natureza, que tamén son importantes noutras áreas como son as Ciencias sociais,  para entender conceptos como o tempo atmosférico e os climas.

OBXECTIVOS

Segundo os obxectivos establecidos no Decreto 105/2014 polo que se establece o currículum para a etapa da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, a través deste recurso didáctico o alumnado desenvolverá os seguintes obxectivos:

  • Coñecer e apreciar os valores e normas de convivencia, aprender a obrar de acordó con ela, prepararse para o exercicio da cidadanía e respectar o pluralismo.
  • Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, actitudes de confianza nun mesmo, o sentido crítico, a iniciativa persoal, a curiosidade, interese e creatividade.
  • Coñecer e utilizar de xeito apropiado a lingua galega.
  • Coñecer aspectos fundamentais das Ciencias da natureza.
  • Utilizar diferentes representacións e expresións artísticas e iniciarse na construción de propostas visuais e audiovisuais.

CONTIDOS

  • Coñecemento da composición do aire.
  • Relación entre o aire e a combustión.
  • Experimentación dos efectos da enerxía na materia.
  • Comprensión do concepto de presión atmosférica e os factores que a inflúen.
  • Aprendizaxe da combustión e dos elementos necesarios para que se produza, así como os produtos da combustión.
  • Asimilación dos entornos dixitais e manexo de recursos neste formato.
  • Fomento da autonomía do alumnado.
  • Desenvolvemento da expresión oral e escrita.
  • Aumento das destrezas implícitas na realización de traballos cooperativos.  

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

  • Coñecer a composición do aire.
  • Relacionar o aire coa combustión.
  • Experimentar os efectos da enerxía na materia.
  • Comprender que é a presión atmosférica e de que factores depende.
  • Interpretar elementos que aparecen nun mapa do tempo.
  • Desenvolverse en entornos dixitais.
  • Desenvolver a expresión oral e escrita.
  • Aplicar as destrezas para a realización de traballos cooperativos.

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE

  • Coñece a composición do aire.
  • Relaciona o aire coa combustión.
  • Comprende os efectos da enerxía na materia.
  • Comprende que é a presión atmosférica e de que factores depende.
  • Interpreta elementos dun mapa do tempo.
  • Desenvólvese en entornos dixitais.
  • Exprésase oralmente e por escrito correctamente dacordo á súa idade.
  • Amosa destrezas para a realización de traballos cooperativos.

ORIENTACIÓNS METODOLÓXICAS

Como se avanzou na introdución desta guía, a proposta para este recurso consiste en plantexar na aula a metodoloxía da clase invertida, de xeito que sexa o alumnado o que individualmente traballe o recurso para despois levar á aula unha posta en común na resolución de dúbidas, así como as propostas de traballo grupal. As actividades están plantexadas para realizarse a través do traballo cooperativo e teñen como finalidade abrirse ao resto da comunidade educativa. 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Este recurso posúe a característica de ser modificable, de xeito que o docente pode adaptalo segundo as necesidades do alumnado. O carácter multimedia facilita a comprensión dos contidos ao estimular varios sentidos á vez; como suxestión pódese ir revisando o visionado e parando en cada fase para insistir en cada etapa do experimento. Inclúese un apartado de "sabías que..." para que aquel alumnado con interese sobre estes temas poidan investigar máis.

ACTIVIDADES

  • ACTIVIDADE 1: individual. Visionado do recurso e realización das actividades do recurso así como da autoavaliación. Rexistro de dúbidas (unha sesión).
  • ACTIVIDADE 2: en grupos de catro ou cinco alumnos redactan un texto instrutivo co material necesario e os pasos para realizar o experimento da candea; é necesario recordar as características dos textos instrutivos (dúas sesións; na aula de informática, utilizar un procesador de textos).
  • ACTIVIDADE 3: tamén en grupos de catro ou cinco alumnos. Posta en común das dúbidas e conclusións do visionado do segundo experimento. Cada grupo realizará o experimento 1 para unha clase do colexio; polos contidos tratados, recoméndase dirixir a exposición ao alumnado dos cursos de 4º, 5º e 6º de Educación primaria. O profesor revisará o material para comprobar que está todo o necesario e os experimentos realizaranse nas aulas coa supervisión dun docente. Insistir na necesidade de ir explicando cada paso aos seus compañeiros (dúas sesións).

INSTRUMENTOS PARA A AVALIACIÓN

  • Follas de rexistro coa participación durante as clases, exposición de  dúbidas e reflexión sobre o recurso.
  • Entrega de traballos (texto instrutivo).
  • Rexistro do traballo individual dentro do grupo.
  • Folla de coavaliación dos compañeiros do grupo.
  • Rexistro da exposición oral no desenvolvemento do experimento.

Para facilitar o labor docente, recomendamos consultar a listaxe de rúbricas para educación primaria do proxecto EDIA, e adaptalas ás actividades propostas e ao grupo de alumnos:

http://cedec.educalab.es/rubricas/

TEMPORALIZACIÓN 

Esta secuencia didáctica está pensada para ser levada en cinco sesións  (dúas semanas e media).

RECURSOS

  • RECURSOS DIXITAIS: ordenador (mínimo un  por grupo); procesador de textos e acceso  internet. Para levar a cabo a clase invertida o alumnado debe ter ordenador e acceso á rede na súa casa.
  • RECURSOS MATERIAIS: material necesario para levar a cabo o experimento (candea, prato, auga, colorante, chisqueiro).