A continuación imos visionar un vídeo que relaciona o aire coa combustión e coa presión atmosférica. Para realizar este experimento usamos material moi sinxelo que podemos atopar en calquera casa. Pero se nos animamos a realizalo, sempre debemos facelo coa supervisión dunha persoa adulta.
EXPLICACIÓN
O aire é unha mestura homoxénea de gases que forma a atmosfera terrestre. O aire é imprescindible para a vida no planeta; non o podemos ver, pero está aí. Este elemento está composto por varios gases: nitróxeno (78%), osíxeno (21%) e outras substancias como o ozono, o dióxido de carbono, o hidróxeno e gases nobles.
A combustión é unha reacción química que se leva a cabo mediante un proceso de oxidación rápida dun material combustible. Para que sexa posible a combustión é necesario que haxa osíxeno, que está presente no aire. A medida que avanza a combustión, o osíxeno presente no aire se consome. Cando tapamos a candea coa xerra, a chama vai consumindo o osíxeno que hai no interior da xerra; cando o osíxeno se esgota, a lapa apágase. Ademais, prodúcese unha diferenza de temperatura no interior do recipiente, que fai que a presión atmosférica sexa diferente no interior da xerra respecto do exterior. O líquido vai ascendendo no interior da xerra ata que se iguala a presión atmosférica tanto no interior coma no exterior da xerra.
Pero, que é a presión atmosférica?
Se nos sentamos enriba dun coxín, este encóllese, verdade? Isto sucede porque nós temos unha masa específica que está a exercer unha presión nese corpo. Do mesmo xeito, o aire está composto por partículas que teñen unha masa específica; esta masa exerce unha presión sobre a Terra. A presión atmosférica varía debido a diversos factores:
1. A temperatura: cando fai calor o aire se expande, faise máis lixeiro e exerce menos presión. Se a temperatura baixa, o aire se contrae e aumenta a presión.
2. A altitude: a maior presión rexístrase a nivel do mar. A medida que ascendemos, a densidade do aire é menor, e polo tanto a presión tamén diminúe.