Saltar navegación

HISTORIA

  A xota é o baile tradicional máis extendido pola Península Ibérica. Esta danza ademais de en Galicia, báilase en Aragón, Cantabria, Asturias, Valencia, Cataluña, Navarra, A Rioxa, Baleares e Extremadura. Ainda que con lixeiras diferenzas en cada territorio.(Ver mapa)

Mapa comunidades, en Wikipedia  CC BY - SA 3.0

O seu nome provén do mozárabe *šáwta, salto, e este do latín  saltāre, bailar. Algunhas teorías din que este baile naceu en Valencia, provinte da palabra en valenciano antigo xotar (botar ou saltar), que pasou ao castelán como «jota».

 A xota galega é un baile similar ao resto das xotas peninsulares, de onde chegou por man dos que ían á sega a Castela. Estas pezas musicais son interpretadas en festas e romarías polos mesmos  grupos tradicionais que interpretan as muiñeiras, é dicir, normalmente: gaita, bombo, tambor e pandeireta. 

Instrumentos tradicionais galegos, en Consello da CulturaCC BY - SA 3.0

O ritmo de xota adoita estar escrito en compás de 3/4, aínda que algúns autores sosteñen que o 6/8 adáptase mellor á estrutura do ciclo coreográfico e estrófico.

O baile ou danza estrutúrase en paseo e punto, podendo haber en ocasións unha terceira parte chamada descanso.

Baile, Adrián Estévez en Wikipedia  CC BY - SA 3.0

 

Fontes:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Xota

https://gl.wikipedia.org/wiki/Maneo