Saltar navegación

HISTORIA

Muiñeira


 A muiñeira é unha danza folclórica galega de ritmo rápido. A súa orixe é  discutida, pero comunmente afírmase que foi nos muíños onde se moían o trigo e máis o millo onde naceu este baile; dado que as mulleres que traballaban alí tiñan que esperar algún tempo a que o millo estivese a punto, e para pasar o tempo bailaban.

                       Muíño, Xiana Cervela Pombo, en Wikipedia  CC BY - SA 3.0

Como baile tradicional interpretábase en festas, romarías. A danza era colectiva, normalmente de tres a oito parellas colocadas fronte a fronte formando unha ringleira e vestidos co traxe tradicional.

Traxe de festa, en Wikipedia  CC BY - SA 3.0


A muiñeira distínguese principalmente polo seu compás de 6/8, rápido e vivo, interperetada por instrumentos tradicionais como a gaita, o pandeiro, a pandeireta…

Gaita galega, en Wikipedia  CC BY - SA 3.0

A estrutura musical, composta de copla (nesta muiñeira chamámoslle Tema A) e volta (Tema B), interpretado na danza en xeito de punto e paseo.

Na muiñeira nova un home interpretaba un punto, construído máis ou menos improvisadamente a base de embotados, saltos, picados e outras figuras, e o resto do grupo repite os movementos varias veces, mentres dure a parte da copla. Durante a parte de volta da melodía, o grupo realizaba paseos, en círculo, xirando as filas sobre o seu centro, ou outras figuras coreográficas sinxelas. Tanto punto como paseos execútanse cos brazos en alto ou facendo leves debuxos que dan máis graza á interpretación.


Pola contra, na muiñeira vella, un ou dous homes bailan con dúas ou máis mulleres. O home realiza puntos complexos, mentres que a muller ten un papel secundario, limitándose a seguir o home con paseos con forma de oito, e con actitude máis recollida.

Muiñeira, en Flickr  CC BY - SA 3.0


Exemplos de pezas coñecidas son a Muiñeira de Chantada e a Muiñeira de Lugo.

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS:CORDA