Lela
Lela é unha peza musical representativa do folclore galego, chea de curiosidades e polémicas dende a súa creación ata o día de hoxe.
O texto desta peza musical tan emotiva nace como unha canción irónica, incluída na única obra teatral de Castelao “Os vellos non deben namorarse”. O curioso é que esta canción pretendía facer unha burla irónica dos placeres que inda se poden gozar na vellez.
Castelao foi un galego universal, que escribiu no noso idioma viaxando ao redor do mundo. Escribiu “Os vellos non deben namorarse” fascinado co Teatro da arte de Nikita Balieff en París; compuxo Lela en Nova York, estreou a obra en Bos Aires e inspirou a súa música no fado portugués. Por iso este creador tan viaxeiro e cosmopolita deu pé a unha das pezas que máis ten soado en todo o mundo representando a Galicia.
Así naceu o texto da canción Lela, como unha obra de teatro. E como tal, se estreou en España en Santiago de Compostela, o 25 de xullo de 1961, coa praza da Quintana abarrotada.
A obra teatral estivo dirixida por Rodolfo López- Veiga e acompañada polo grupo coral Cantigas e Agarimos. Foi López-Veiga quen encargou ao músico vilalbés Rosendo Mato Hermida, director de Cantigas e Agarimos unha partitura axustada ás estrofas de Castelao.Este director musicalizou varias partes do poema, inda que soamente o valse dos boticarios alcanzou éxito popular.
Co paso do tempo, Lela pasou a ser unha das cancións con máis sona do noso folclore e unha das máis versionadas. Esta popular canción forma parte do repertorio de intérpretes tan coñecidos como a fadista Doce Pontes, María do Ceo ou o gaiteiro Carlos Núñez ou o conxunto Os Sabandeños
Fontes:
http://salomedelcampo.es/amesmalua.html
http://www.abc.es/espana/galicia/abci-quien-padre-lela-201703130857_noticia.html