TAREFA 4 O DESEÑO FINAL DA NOSA DA GUÍA.

A diversidade topográfica, edáfica, climática ou bioxeográfica foron elementos claves na construción das paisaxes galegas. A isto hai que engadirlle no litoral o papel do mar e a súa acción tanto erosiva como acumulativa. A acción mariña tende á erosión nuns lugares e á acumulación noutros. Existe por isto un balance "erosión/acumulación" que se reflicte, por unha banda, nos sectores rochosos do litoral e, pola outra, na presenza de abondosos sistemas de praias e dunas.

O medio terrestre do litoral caracterízase pola súa variedade litolóxica, edáfica, climática, etc. Este feito foi determinante na evolución da paisaxe por varias razóns. En primeiro lugar, porque non todos os solos teñen a mesma aptitude. Existen zonas do litoral onde a dispoñibilidade do solo é escasa polo que os primeiros asentamentos estiveron moi condicionados por isto, e polo feito de que en moitos lugares existía unha achega de area case continua derivado dun factor de suma importancia: o vento. No litoral, especialmente nos momentos de temporal, a súa velocidade é intensa polo que non todos os lugares eran aptos para instalar vivendas e, dunha maneira moi especial, lugares de amarre. Ao anterior hai que engadirlle que nas áreas de planicie, asociadas ás praias e dunas, existen lagoas ou zonas hidromorfas”.

(…)

“…A presenza de lagoas litorais a ocuparen o fondo de amplas baixadas ou vales é relativamente importante no litoral galego. (…) nas áreas de Pantín, Valdoviño, Doniños (Ferrol) e Baldaio (Carballo), obsérvase que:

  • Os primitivos asentamentos estaban afastados da área lacustre, caso de Valdoviño, Doniños, Baldaio ou Traba, ou palustres, caso de Pantín
  • A aldea situábase a media ladeira ou, nalgún caso, no contacto cos flancos que bordean as áreas depre-sionarias, caso dalgúns lugares de Traba. Por riba dela, nos sectores de solo menos profundo, facía a súa aparición o monte; ao redor da aldea, situábanse os campos de cultivo e na contorna das áreas hidromorfas, os prados. A relación pendente/solo/humidade era de suma importancia na construción da paisaxe
Fonte: Plan de Ordenación do Litoral (2011)

Actividades

Estándares de aprendizaxe asociados

PSB2.3.1 Realiza buscas e pequenas investigacións en medios impresos e dixitais, referidas a procesos históricos ou acontecementos relevantes na súa paisaxe próxima e localiza páxinas e recursos web directamente relacionados con eles.