TAREFA 4 O DESEÑO FINAL DA NOSA DA GUÍA.
ACTIVIDADE 4.2 A presenza de auga na paisaxe. A lagoa da Frouxeira. –Exemplo de hidropaisaxe-.

O traballo

A descrición formal da nosa paisaxe ten que facer unha parada obrigada no apartado dedicado á presenza de auga. Haberá que caracterizar o "elemento estrela" desta paisaxe litoral; o elemento que lle outorga a súa singularidade a este tramo da costa galega. Estamos a falar da lagoa da Frouxeira. Na nosa guía debemos describir a súa forma –planta- a extensión que ocupa e a súa xeoposición na escena paisaxística.-coordenadas xeográficas no seu centro-

Esta caracterización terá que completarse, necesariamente cos elementos intimamente asociados á lagoa: o sistema dunar e manto eólico. Subliñando a relación que teñen estes elementos da paisaxe entre si