TAREFA 4 O DESEÑO FINAL DA NOSA DA GUÍA.
ACTIVIDADE 4.3 A trama de texturas das biopaisaxes e agropaisaxes. A vexetación.

O traballo

A "trama de texturas" da nosa paisaxe constitúe o seguinte capítulo. Toca agora facer una descrición sistemática das diferentes "manchas" -formacións- de vexetación presentes na nosa área de estudo, poñendo especial atención naqueles formacións que son atravesadas ou están próximas á nosa ruta.

Para facelo de xeito rigoroso realizaremos sempre un percorrido descritivo desde a divisoria de augas que delimita a nosa paisaxe -lembra que no visor está perfectamente delimitado o espazo de estudo- ata as formación herbáceas que colonizan o primeiro cordón dunar na praia. Estamos a describir “biopaisaxes”, nuns casos, e “agropaisaxes” noutras.

A nosa caracterización porá o acento no seu aspecto visual -gama de cores, texturas e formas- e na súa tipificación bioxeográfica, é dicir o tipo de árbores: "árbores frondosas, de galería, caducifolias, perennifolias, plantacións forestais de eucaliptus, etc.

Axuda

Consulta o apartado dos usos vexetais traballados na tarefa anterior

Continuar