A nosa guía paisaxística de Valdoviño-A Frouxeira debe comezar coa "caracterización formal"(ou fisiográfica) da nosa paisaxe, sempre do xeral ao particular: das grandes estruturas ou elementos estruturais -as formas do relevo-, ata achegarse ao miúdo, aos elementos singulares que sobresaen na composición escénica. Polo tanto, o "noso relato" arrancará coa descrición da topografía, indicando as principais características das súas formas (-sinalando, por suposto, o seu nome –non esquezas a importancia de dominar a toponimia da nosa contorna-).
Empregaremos nesta descrición xeral os termos máis axeitado para caracterizar a nosa topografía
No noso tramo de costa, no que se inserta a nosa paisaxe podemos falar de
Lembra que, morfoloxicamente, a costa galega caracterízase pola alternancia de tramos acantilados, moi abruptos xunto a outros nos que predominan as formas suaves. Isto xera un perfil recortado.
Fonte: Blanco Chao, R y Pérez Alberti, A.1996
Observa como foi descrita no seguinte fragmento a nosa paisaxe no Plan de Ordenación do Litoral (2011):
“...Trátase dun tramo de costa dos denominados como “dos grandes complexos sedimentarios” cun cordón litoral asociado a unha área húmida –lagoa-. Nela sucédense, desde a ribeira do mar e cara ao interior os seguintes elementos: praia, cordón dunar, lagoa costeira / depresión hidromorfa e val de pendente suave e serras que fan de peche escénico a modo de anfiteatro”.