Saltar la navegación

Manual de Uso

Método Takedinorum

para a aprendizaxe da Percusión Corporal

  • O profesor disporá de 21 unidades independentes para traballar dunha maneira secuencial e progresiva. En cada unidade atopará:
    • Contidos específicos:
      • Vídeo e breve descripción.
      • Partituras.
      • Comentarios, con propostas e suxerencias.
      • Créditos.
    • Contidos comúns (no formato B, este contido repítese en cada arquivo zip que descargues, para que podas telo dispoñible para consulta en todo momento):
      • Takedinorum: que é.
        • Normas básicas.
        • Vogais.
        • Consonantes.
        • Notación.
        • Definicións e siglas.
        • Índice de vídeos.
        • Fe de erratas.
        • Contacto.
      • Guía Didáctica.
      • Manual de Uso.
      • Documento técnico.
  • O elemento principal dunha unidade didáctica é o vídeo.
  • O profesor podeempregar os vídeos:
    • de modo directo nas súas sesións lectivas, co alumnado desenvolvendo os exercicios que se propoñen.
    • coma unha aprendizaxe propia para despois desenvolver as súas propias sesións Takedinorum na aula, copiando elementos ou creando os seus propios.
  • O profesor poderá desenvolver un traballo:
    • rápido e superficial, intercalando os vídeos en medio das súas sesións de aula, como un modo de cambiar de actividade e manter a atención. Este tipo de traballo é moi importante e motivador en ocasións, non emprego "rápido e superficial" de maneira pexorativa senón en contraposición cun traballo máis profundo sobre os contidos do vídeo.
    • is en profundidade, asegurándose de que a maior parte do alumnado desenvolva os contidos, empregando os materiais complementarios...
  • Os recursos poderán ser empregados en calquer curso de ESO e Bacharelato, dependerá do desenvolvemento curricular que se decida en cada curso e das características do alumnado.
  • Os vídeos están organizados en 5 niveis de aprendizaxe. Como orientación xeral, se se quere traballar dun xeito progresivo:
    • os niveis 1 e 2 poderían funcionar ben en 1ºESO (Obradoiro de música), 2º e 3º ESO (música),
    • os niveis 3, 4 e 5 en 4º ESO e Bacharelato.
    • Por exemplo, podemos utilizar os contidos de percusión corporal dos vídeos como unha ferramenta para reforzar o traballo dunha partitura en calquer nivel, ou para traballar unha cuestión rítmica concreta.
  • Cada vídeo vai acompañado duns comentarios con suxerencias e propostas que poden ser útis para o profesor para o traballo na aula.
  • Ademáis dense descargar as partituras completas dos ritmos traballados en cada vídeo, que poden servir tanto para o estudo e preparación do profesor como para o traballo do alumnado.
  • Na guía didáctica inclúense ademáis algunhas consideracións sobre a avaliación dos procesos desenvolvidos a través destes recursos.

subir

Índice de documentos de axuda.