Método Takedinorum
para a aprendizaxe da Percusión Corporal
- O Método atópase dispoñible en 2 formatos:
- Formato A: 1 único ODE (obxecto dixital educativo).
- Formato B: 21 ODEs independentes.
- No repositorio de contidos do espazo Abalar podes atopar o método completo nun único recurso chamado "Método Takedinorum Completo".
- Descarga o arquivo takedinorum-completo.zip se queres instalalo nun ordenador.
- Descomprímeo (mellor dentro dunha carpeta) e busca o arquivo index.html.
- O arquivo se abre nun navegador de internet, pero se executa en modo local, é dicir, podes navegar a través de todo o recurso sen conexión á rede, excepto os vídeos. O resto dos recursos (partituras pdf, imaxes e texto) sí están dispoñibles off-line.
- Neste formato A os vídeos non están integrados no arquivo zip por falta de espazo, de modo que cando executas o visor de vídeos estás a conectarte con youtube, o servidor externo no cal está aloxada unha copia dos vídeos.
- Por tanto, moi importante, NO FORMATO "A" SÍ NECESITAS CONEXIÓN Á REDE para visualizar os vídeos.
- No repositorio de contidos do espazo Abalar podes atopar ata 21recursos diferentes para o Método Takedinorum, cos nomes dos correspondentes capítulos do método. Por exemplo, "Método Takedinorum, recurso 1.1.Cha".
- Descarga o arquivo zip correspondente a cada recurso individual se queres instalar ese recurso nun ordenador.
- Descomprímeo (mellor dentro dunha carpeta) e busca o arquivo index.html.
- O arquivo se abre nun navegador de internet, pero se executa en modo local, é dicir, podes navegar a través de todo o recurso sen conexión á rede.
- Neste formato B os vídeos SÍ están integrados no arquivo zip, de modo que NON NECESITAS CONEXIÓN Á REDE para visualizar o recurso completo (vídeos, partituras pdf, imaxes e texto).
- O material de consulta común atópase repetido en cada arquivo zip para que podas telo dispoñible en cada momento.
- Se queres instalar os 21 recursos correspondentes ao método completo necesitas aproximadamente 1,25GB de espazo dispoñible.
subir
Índice de documentos de axuda.