- Avaliar contidos prácticos coma a realización de secuencias de xestos percusivos corporais plantexa varios retos para o profesor e para o alumno.
- O proceso de avaliación pode ser colectivo ou individual:
-
AVALIACIÓN COLECTIVA:
- Na avaliación colectiva é necesaria a observación constante do individuo dentro do grupo e un sistema de rúbrica moi sinxelo, eficiente e áxil que permita ao profesor tomar alguna nota despois ou durante a sesión. É totalmente inviable e imposible que o profesor poda observar a un grupo grande de alumnos mentras imparte a súa sesión. Despois de varias sesións quizás teñamos información suficiente para unha avaliación "algo obxectiva". Aínda así non podemos olvidar que o tempo que adiquemos a avaliar por observación durante o tempo da sesión é tempo que non adicamos a realizar o proceso xunto co alumnado. E neste contexto, non é suficiente que o alumnado faga o proceso solo, temos que acompañalo para servir de modelo a imitar e para empuxalo coa nosa enerxía. A avantaxe de poñer o vídeo é que o profesor pode estar observando durante ese tempo.
- Aínda sabendo desta imposibilidade práctica para avaliar de modo colectivo, propoño este modelo de rúbrica sinxelo para que cada profesor use como punto de partida para guiar a súa observación. Neste caso trato de cuantificar a calidade da interpretación dos 3 niveis de coodinación psicomotriz (voz, mans e pés) diferenciando entre secuencias (sucesións de sílabas e xestos percusivos), ritmos (sucesións de duracións) e pulsación (entendida coma percepción corporal que se exterioriza no movemento dos pés e na fluídez da interpretación):
MOi BEN (3) |
BEN (2) |
REGULAR (1,5) |
MAL (0) |
|
Vocalización das sílabas |
Vocaliza con soltura tódalas sílabas |
Vocaliza bastantes sílabas |
Vocaliza algunhas vogais |
Non é capaz de vocalizar ningunha sílaba |
Xestualización |
Realiza tódolos xestos percusivos con fluídez |
Realiza bastantes xestos pero fáltalle fluídez |
Realiza algúns xestos pero sen fluídez |
Non é capaz de interpretar ningún xesto |
Rítmica |
É moi preciso na execución de tódolos ritmos |
Executa bastantes ritmos con precisión |
Executa algúns ritmos con precisión |
É totalmente impreciso na execución dos ritmos |
Pulsación cos pés (se procede) |
Move os pés con soltura e precisión mentras executa secuencias con voz e mans |
Move os pés con precisión pero fáltalle soltura |
Move os pés para levalo pulso pero fáltalle soltura e precisión |
Non é capaz de mover os pés para levalo pulso mentras executa secuencias con voz e mans |
- A calificación numérica que xorde da observación trata sempre de axudar ao alumnado, sen incidir tanto nos seus defectos coma nos seus talentos e logros.
- Este sistema numérico sobre 3 (que pode ser proporcionado sobre calquera outra nota) o uso dende hai anos nas miñas sesións e permíteme obxectivizar algunhas observacións de xeito áxil e realista:
- Non existe moito alumnado de 0 porque non sexa capaz. Mais ben porque non o intenta, o que pode ser debido a moitas razóns (falta de motivación, actitude defensiva ou reaccionaria contra o sistema...). Soen ser casos moi claros e fáciles de observar.
- Ao alumnado que "fai algo" se lle premia co 50% da nota máxima, é dicir, o aprobado.
- A partir de ahí están os que o fan "ben" (2) ou "moi ben" (3) nos distintos aspectos avaliados.
- A observación durante a sesión é rápida e imprecisa. A acumulación de observacións da como resultado unha valoración numérica bastante obxectiva e que pode reflectir o progreso, ou non, dun individuo concreto.
-
AVALIACIÓN INDIVIDUAL:
- A avaliación individual durante a sesión conleva que un individuo ten que facer a súa interpretación diante do grupo. É interesante en canto a reto, e así se lle pode presentar ao alumnado. Para algún alumno pode ser case insuperable o reto de enfrentarse ao grupo pero é un dos aprendizaxes que se pretenden dentro desta materia.
- É importante deixar moi claro que material pedimos para o "examen" e que criterios empregamos para valorar. Podemos entregarlle a rúbrica ao alumnado.
- Se lle pedimos parte do material traballado a través dos vídeos, pode servir o modelo de rúbrica empregado antes. Podemos valorar algún contido específico como, por exemplo, se é capaz de realizar unha síncopa o un contratempo (de ser o caso).
- Unha proposta interesante é a do examen a través dunha gravación de vídeo fóra da aula. Ademáis de fomentar o traballo fóra da aula evita esta exposición pública do individuo (aínda que, insisto, é positiva polo que ten de aprendizaxe). Na gravación poden aparecer os ritmos dos vídeos ou outros que o alumno invente, ata onde nós consideremos oportuno. Podemos neste caso rubricar o nivel de creatividade. A grabación pode ser avaliada cómodamente fóra do tempo da sesión para aproveitar o pouco tempo que nos regala o sistema para impartir a nosa especialidade.