A finalidade desta actividade é aprender a imaxinar acusticamente partindo dunha lectura comprensiva dun pequeno texto, analizando o seu contido non só en clave lingüística se non tamén en clave sonora/semántica. Logo deste primeiro achegamento se propón a creación dunha composición sonora partindo da estruturación destas ideas para que o alumno aprenda a traballar parámetros sonoros como a duración, os planos, o timbre e a estrutura compositiva.
Inspirándote no seguinte fragmento do poema “No Inverno…” pertencente ao libro A Festa da Palabra Silenciada (1983) de María Xosé Queizán, crea unha montaxe sonora. A creación sonora debe durar un mínimo de 1´30” e un máximo de 3´ e utilizar como material a lo menos 7 sons.
No inverno
cando a marexada incita ás ondas
no lonxano mar
as gaivotas atoladas chegan polo Sena
revoan notredame, lonxa sen peixes
e cheira a vigo nos quais parisinos.
Sen nostalxia.
Son roucos os bramidos das aves
que os risos da miña amada non me deixan
escoitar [...]
Para conseguir os sons que recreen os ambientes aos que alude o texto podes buscalos na web Freesound.org ou gravalos ti mesmo utilizando un dispositivo móbil seguindo as recomendacións e técnicas explicadas na unidade sobre gravación.
Para realizar a montaxe utilizarás o editor de audio multipistas Audacity seguindo as técnicas explicadas na unidade de edición.
1. Fai unha lectura comprensiva do poema. Fai un exercicio de imaxinación tentando escoitar aqueles sons que resoaban na mente da autora e os que ti es capaz de pensar.
2. Fai un listado daquelas palabras que representan sensación acústicas directa ou indirectamente (ex. bramidos, Notre Dame, etc…)
3. Recompila ou grava os sons seguindo o que aprendemos na lección de gravación de campo (podes gravalos ti mesmo, utilizar as bases de datos freesound.org ou archive.org, ou combinar os dous tipos de materiais).

[Nota: Para poder descargar os sons de Fresound.org debes estar logeado, podes crear a túa conta ou pedirlle ao profesor que cree unha para toda a clase (a modo de exemplo para este exemplo desenvolvido pódese entrar utilizando a seguinte conta Username: iesames / Password: Bertamirans)]

En Freesound podes facer búsquedas dos sons que precises e que foron engadidos por outros usuarios. Para ampliar os resultados procura buscar en varios idiomas (ex: castelán e inglés).

Logo de facer clic no título do son xa podes descargar o audio. Asegúrate que a licencia do arquivo permite usalo en traballos derivados sen incumprir as condicións indicadas polo autor.

4. Organiza un guión para distribuír os sons seleccionados no tempo indicando cando empezan e rematan e cales se misturan entre eles. Pensa nos planos que ocupa cada un dos sons e como se relacionan entre si; cal estará nun primeiro plano, cal ocupa o fondo da obra, cales ocuparán un espazo intermedio.
5. Edita os sons individualmente se é preciso seguindo o indicado na unidade sobre edición de audio.
6. Carga os sons en Audacity e monta a peza utilizando as ferramentas de volume (plano que ocupa cada son) e desprazamento (momento no que aparece e desaparece) explicadas na lección sobre edición de audio. Tamén podes utilizar as opcións básicas de cortar, pegar, repetir, etc. que vimos na leccións sobre edición de audio.
7. Cobre os metadata tal e como xa explicamos na unidade sobre edición.


8. Exporta o traballo realizado en formato .wav a unha calidade de 44.100Kbps e 16 bits.

