Saltar navegación

PROCESOS COMPLEXOS

complexos

Nos últimos anos popularizouse moito a coñecida como síntese granular. Se ben é certo que antes da aparición dos ordenadores xa atopamos traballos baseados neste procesamento sonoro, como a peza Analogique A-B do compositor grego Iannis Xenakis, có aumento das capacidades de procesamento das computadoras este tipo de proceso adquire novas posibilidades.

A idea da síntese sonora é a outra cadra do desenrolo da música electrónica do século XX. Se a Música Concreta se baseaba na idea de que podemos gravar un son e transformalo alterando a súa reprodución e parte das súas características con diferentes efectos, a Síntese sonora parte de materiais xerados con sintetizadores, é dicir, aparatos eléctricos capaces de producir diferentes sons partindo de impulsos producidos por sistemas electrónicos que logo pasan por un altofalante e sen fan audibles. Ao producilos electronicamente podemos crear diferentes circuíto para controlar o tipo de impulsos, as envolventes, os filtros, etc. e crear música a partir da electricidade en estado puro. Moitos destes procesos hoxe en días fanse utilizando ordenadores e procesos dixitais seguindo a estela do traballo feito anteriormente con estes sistemas electrónicos cos que convive na actualidade. Estas prácticas xunto ás que se aplican na música concreta hoxe en día reúnense no campo do que se coñece como Música Electroacústica.

Volvendo á síntese granular, podería dicirse que bebe desa idea de sintetizar son pero partindo de audios existentes que fragmenta en pequenas partículas ou grans formando un son que pode ser moi diferente do orixinal. É como tomar un son e o dividimos en células que logo son reorganizadas atendendo a diferentes posibilidades creando un novo son que conserva algo do ADN do orixinal pero que pode ser moi diferente. En sentido estrito estaríamos falando máis dun proceso de resíntese que de síntese pero o importante é que entendas como funciona, e, sobre todo que sexas capaz de facer algo creativo con esta técnica.

Os sons resultantes son moi orgánicos o que permite crear como "paisaxes sonoras" imaxinarias a partir de paisaxes sonoras tomadas da realizade.

Nesta ocasión non vamos utilizar o Audacity xa que esta técnica no está incluída e hai programas adicados a este fin que ofrecen moitas posibilidades sendo tamén de código libre e multiplataforma.

O programa que imos utilizar chámase Soundgrain e podes instalalo dende  este vínculo escollendo o teu sistema operativo. Este software ten a avantaxe de que fai moi accesibles os procesos granulares xa que utiliza unha interface gráfica moi intuitiva. Ademais podes aplicar diferentes efectos tipo reverberación, eco, distorsión, etc. sobre partes do son granulado e exportar todo como un novo arquivo que poderías usar nas túas composicións ou ser en si mesmo unha composición. Tamén podemos facer gravacións e manipulacións do audio en tempo real utilizando o rato do computador ou un teclado midi (aínda que esta opción non o veremos aquí) converténdoo nun instrumento.

As súas posibilidades son moi amplas polo que aquí faremos unha introdución para que vexas as principais. Esta é a anatomía do programa para que te orientes un pouco.

soundgrain1

Antes de empezar comproba que tes ben seleccionada a saída de audio para que poidas escoitar os sons.

soundgrain5

Agora imos facer é cargar un son.

soundgrain2

E escollemos o formato do arquivo co que imos traballar.

soundgrain3

Soundgrain so acepta ou arquivos de audio .AIF ou .WAV. O máis lóxico é que os teñas en formato WAVE así que terías que escoller a segunda opción no menú inferior para poder cargalos. No caso de que teñas o teu arquivo noutro formato podes abrilo en Audacity e exportalo creando unha copia nalgún destes dous formatos e voltar ao Soundgrain para seguir traballando.

Cando o abrimos debería aparecer a representación da onda na zona de traballo.

soundgrain4

O primeiro que imos facer é reproducir o noso son. Para facer isto temos que ir á parte superior dereita e escoller a opción trajectorie e no menú seleccionamos line e facemos clic en start.

Tamén podemos controlar o que acontece dependendo se estamos máis arriba ou máis abaixo no eixe Y abrindo a ventá FX. Aquí tes unha pequena mostra, pero o mellor é que experimentes ti mesmo.

Existen outros parámetros que nos permiten cambiar a configuración de como se reproduce cada un dos grans e a envolvente do gran para determinar o xeito no que se funden uns con outros.

Ademais non so temos reprodución lineal se non que hai outras posibilidades como círculo ou libre.

E podes aplicar efectos para que afecten ao son cando pase por un punto da traxectoria.

Incluso podes movelos e poñer varios ao mesmo tempo, un enriba dos outros pero se non tes un ordenador cun procesador potente é probable que faga pequenos ruídos dixitais que non desexes. Tes que probar a ver ata onde podes facer variacións sen que o procesador chegue ao seu tope.

Por último podes gravar todo o que fagas e gardalo como un arquivo de audio. De feito o gravas en tempo real polo que podes facer cambios mentres está gravando e conseguirás resultados máis dinámicos, como se estiveses improvisando cun instrumento.

Por defecto os audios gravados gárdanse no escritorio pero dependendo do sistema operativo a localización pode variar. No espazo enriba de onde se inicia a gravación podes poñer un nome que faga máis doado atopar o son.

Logo podes abrir o son gravado en Audacity e seleccionar aqueles anacos que consideres que quedaron interesantes ou que encaixan na peza sonora que queiras compoñer.

Agora xa podes experimentar pola túa conta con este programa e xunto co que aprendemos a facer en apartados anteriores ter suficientes recursos para introducirte na creación electroacústica a partir do procesado e a montaxe de sons do entorno procesados.

ACTIVIDADE: SOUNDGRAIN

Crea unha peza partindo unicamente dun son e facendo múltiples transformacións utilizando Soundgrain. Podes ir montando o material en Audacity para darlle forma.