Saltar navegación

Notas para o profesorado

Notas sobre as actividades

En 1948 Benjamín Bloom Doctor en educación na Universidade de Chicago estableceu unha taxonomía de dominios de aprendizaxe, coñecida como  taxonomía de Bloom, no ano 2008 esta taxonomía foi adaptada á era dixital por Churches en Lembrar, Comprender, Aplicar, Analizar, Avaliar e crear.

Lembrar

A grande cantidade de información a que se ven exposto o alumnado fai que as veces lembrar algo sexa unha tarefa difícil, coa axuda de apps é máis fácil e incluso pode ser divertido. É interesante utilizar boas ferramentas para xestionar esta información e que lles axude a lembrar o aprendido.

Un taboleiro como Pinterest no que se recollan imaxes, textos e búsquedas en internet é unha boa ferramente para este apartado.

Para lembrar pequenas doses de información é moi útil twitter. O uso de varios hashtag facilita a recuperación da información de manera selectiva, exemplo: O día da paz utilizamos os hahtag #PazAureaDicta  e #ValgaAureaDicta, para recuperar a información temos distintas opcións, se quero ver todos os twits do día da paz escribirei no buscador #PazAureaDicta, así aparecerán os twits do noso centro e de todos os centros que traballasen sobre ese día, se só quero recuperar a información do meu centro terei que escribir no buscador de twitter os dous hashtag  #PazAureaDicta  e #ValgaAureaDicta, se quero ver todo o que escribiu un alumno ou alumna sobre o día da paz terei que facer a búsqueda   #PazAureaDicta e @nomealumno, etc.

Comprender 

Interpretar, clasificar, resumir, comparar e explicar son verbos que se deben reproducir neste nódulo da taxonomía.

Portafolio

Os portafolios axudan ao alumnado a identificar as capacidades que desenvolveron, as aprendizaxes construidas e como poden utilizalas. Coa axuda do profesorado poden decidir que materiais e actividades incluir ou non no seu portafolio.

Permite que os estudantes se responsabilicen do seu proceso de aprendizaxe e, é unha ferramenta máis á hora de avaliar.

O portafolio debería recoller actividades de clase e traballos, as actividades realizadas por iniciativa propia, testimonios de terceiras persoas sobre o traballo do estudante. Evidencias de evolución na aprendizaxe mediante traballos gardados que permitan ver que aprendeu? e como?. Signos de reflexión, con preguntas do tipo, como cambiou a miña percepción sobre este tema? E tamén evidencias de que tomou decisións no seu proceso de aprendizaxe con preguntas como: que necesito saber ou facer para dar o paso seguinte?

Aplicar

Desempeñar, usar, executar, editar ou xogar son algúns dos verbos que se poden reproducir neste nódulo da taxonomía.

Analizar

Pódese simular un programa de radio no que o alumnado en grupos defendan distintas teses sobre unha das conmemoracións. Deste xeito poderán diferenciar, organizar, atribuir, comparar...; verbos fundamentais neste nódulo da taxonomía.

Avaliar

É interesante que sexa o alumnado quen se responsabilice do seu propio aprendizaxe. O portafolio é unha ferramenta moi apropiada para que eles mesmos valoren e corrixan o que foron escribindo ao longo do trimestre, é moi interesante o intercambio de portafolios para unha avaliación entre iguais e tamén unha avaliación de todo o grupo de cada un dos portafolios da aula. Os verbos representativos deste nódulo son: comprobar, criticar, revisar, experimentar, juzgar,detectar.

Crear

Implica reunir cousas e facer algo novo con elas. Os videos e os carteis son ferramentas moi interesantes neste punto  para producir, planear, xerar, deseñar, construir ou idear neste nódulo.

Obxectivos

 Os obxectivos que se propoñen  abranguen a distintos campos de actuación:

1.-Obxectivos de educación en valores:

- Os aurea dicta constitúen unha ampla colección, que pode ser ordenada por temas, dos provervios e sentenzas da antigüidade grecolatina, considerada durante séculos como o mellor resumo da tradición clásica. Dende a Idade Media á Ilustración, e en boa medida ata hoxe, o pensamento e a literatura de Europa non se poden comprender se non se comparte cos autores o caudal de referencias que aportan os aurea dicta. Estes ditos de ouro transmiten unha serie de valores universais, intemporais e que son eticamente válidos para a xeneralidade do ser humano.

-Analizar e valorar as distintas modificacións que desde o punto de vista histórico e social se foron dando a través dos séculos dos valores transmitidos polos ancestros greco-latinos (por exemplo, analizar se aínda é hoxe válido a sentenza “si vis pacem, para bellum” –“se queres a paz prepara a guerra”- ou se debemos cambiala por “si vis pacem, para pacem” –“se queres a paz, prepara a paz”-

-Caracterizar os diferentes valores éticos que o home foi transmitindo ao longo dos séculos, poñendo especial relevancia nas transformacións dos valores segundo a época, a través da análise da evolución socio cultural da nosa civilización occidental, e maiormente da cultura galega.

2.-Obxectivos de carácter lingüístico:

-Deseñar materiais que poidan ser utilizados na aula por profesorado de lingua galega,de latín ou de calquera outra lingua.

- Deseñar um calendário no que cada día terá unha conmemoración oficial ou efeméride (por exemplo: día da paz, día da infancia, día da muller traballadora, día contra a violencia de xénero...), no que cada profesor das distintas materias da ESO poden usalas dentro do curriculum da súa matéria.

- Contribuír desta forma ao deseño de materiais que permitan tanto un tratamento integrado de linguas (TIL) dentro da aula como un tratamento integrado de linguas e materias non lingüísticas (CLIL)

- Traballar tanto a expresión como a produción oral e escrita (destrezas básicas) nas linguas de destino da tradución dos aurea dicta.

- Compoñer textos descritivos e expositivos en lingua galega

- Familiarizarse cos procedementos de formación de palabras e da etimoloxía nas distintas linguas.

- Familiarizarse coa literatura latina, a galega, e co resto de literaturas occidentais. Cando se lle ofrece ao alumnado un dito de ouro, traducido ao galego, tamén se lle ofrecen o autor e a obra de onde proceden, o cal é unha preciosa axuda para iniciarse na historia da literatura latina, e ao mesmo tempo, para iniciarse e profundizar na historia das literaturas europeas e nos temas que tratan, podendo establecer así un recorrido entre os lugares comúns (ou tópicos) da literatura latina e da galega.

- Analizar, comprender e aprender a usar o corpus de frases latinas que hoxendía son de uso común na nosa lingua (carpe diem, cursus honorum, lapsus linguaecurriculum vitae...)

-Identificar os diferentes valores do ser humano, as súas características, a partir das informacións subministradas polos ditos dos autores antigos.