Saltar navegación

Calendario ditos de Ouro

Un dito de ouro para cada día. A continuación aparecen os ditos de ouro clasificados mensualmente, utilizamos só os meses lectivos. Tras pensalo moito decidimos eliminar setembro e xuño por ser meses atípicos, e tamén, as vacacións de Nadal. Es libre de completar os meses que faltan, ou de asociar outros aurea dicta aos dias que xa están no calendario, Pensamos que tamén pode ser unha boa actividade para o alumnado. Por exemplo, co Día da paz poderíamos relacionar a frase “si vis pacem, para bellum” (“se queres a paz, prepara a guerra”), e analizaríamos dentro da aula non só a expresión latina, senón tamén a súa validez dentro do mundo actual. 

"Sede como a madeira de Sándalo que perfuma ata o machado que a corta"