Saltar navegación

Lembrar

Presentamos nesta sección algúns exemplos de actividades para axudar a lembrar os coñecementos como primeiro paso na aprendizaxe.

Utiliza os hashtag en twitter, #DíaAureaDicta, e #IESNomedoCentro para poder gardar pequenas doses de información e lembrala máis tarde.

EXEMPLOS

Abre unha conta en Pinterest e crea un taboleiro por cada día conmemorativo.

30 de xaneiro Día da Paz

Utiliza os hashtag en twitter, #PazAureaDicta, #IESValga (no teu caso en lugar de Valga coloca o nome do teu centro) e escribe dúas ou tres doses de información que queiras lembrar máis tarde.

10 de outubro, Día Mundial contra a Pena de Morte

Busca información sobre a pena de morte, que paises manteñen a pena de morte? Cales foron os últimos paises que elimanaron a pena de morte do seu código penal. En España houbo pena de morte? Cando?

16 de outubro, Día Mundial da Alimentación

En que paises hai máis problemas coa fame? Crees que aquí en Galicia hai problemas de fame? e de bulimia e anorexia?