Saltar navegación

Analizar

As actividades de analizar imos a rexistralas no portafolio que creáchedes na sección comprender.

1 de outubro Día Internacional das Persoas de Idade

Pensaches algunha vez que será de ti cando sexas maior? E, cando digo maior, quero dicir moi maior!.

Sabes cales son os cambios na nosa sociedade con respecto ao coidado dos maiores?

Tes persoas maiores na túa familia? Como están atendidos?

Fai unha pequena reflexión sobre estes temas e publicao no teu portafolio.

15 de outubro Día Mundial do Lavado de Mans

Cantas veces te lavas as mans ao día?

Por que crees que se lle adica un día ao ano ao lavado de mans?

Por que pode ter tanta importancia?

Pensas que é igual de importante lavarse as mans en Galicia que en Somalia? Reflexiona sobre a túa resposta.