Saltar navegación

TEXTOS LITERARIOS E NON LITERARIOS

Os textos literarios son aqueles nos que predomina a función poética da lingua, polo que a súa finalidade é estética, pretenden deleitar o receptor a través dun determinado uso da linguaxe que, xeralmente, é connotativa, aberta á evocación e á suxerencia.

Imaxe extraída de www.flickr.com. BY. Olga Berrios.

Nos textos non literarios adoita primar a función informativa, as palabras están empregadas buscando a maior precisión, procurando evitar calquera confusión no receptor, é dicir, a linguaxe é denotativa. Procúrase a corrección da mensaxe, mais non a súa beleza.