Saltar navegación

CARACTERÍSTICAS XERAIS

TEXTO 1                                                                                                        

Camiñan ao meu rente moitos homes.                                                            
Non os coñezo. Sonme estraños.
Pero ti, que te encontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmán che falo.
Se é túa a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmán che falo.
Anque as nosas palabras sexan distintas,
e ti negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmán che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmán che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña man che dou,
coma un irmán che falo.

Celso Emilio Ferreiro, Longa noite de pedra, 1962

(ADAPTACIÓN)

TEXTO 2

Declaración sobre a raza e os prexuízos raciais (UNESCO, 1978)

Artigo primeiro

  1. Todos os seres humanos pertencen á mesma especie e teñen a mesma orixe. Nacen iguais en dignidade e dereitos e todos forman parte integrante da humanidade.
  2. Todos os individuos e os grupos teñen dereito a ser diferentes, a considerarse y ser considerados como tales. Porén, a diversidade das formas de vida e o dereito á diferenza non poden en ningún caso servir de pretexto ó prexuízos raciais; non poden lexitimar nin en dereito nin de feito ningunha práctica discriminatoria, nin fundar a política de “apartheid” que constitúe a forma extrema de racismo.

VEXAMOS AS CARACTERÍSTICAS DESTES DOUS TEXTOS: