Saltar navegación

Tarefas

Mulleres célebres galegas

Para completar a webquest, constituiremos grupos de dous compoñentes e realizaremos as seguintes tarefas:

  1. Pescudaremos información sobre a orixe da conmemoración do Día da Muller Traballadora co fin de realizar unha pequena presentación, preferiblemente cos programas en liña de Google presentacións ou Prezi, para ser vista por toda a Comunidade Educativa Virtual.

  2. A nosa clase vai crear un álbum de "Mulleres galegas célebres". Para elo, cada grupo escollerá unha muller galega relevante e pescudará información sobre ela para elaborar un cartaz informativo, en tamaño A3, segundo as instrucións facilitadas no apartado de "Proceso". Con todos estes cartaces elaboraremos o álbum que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que iremos ampliando todos os anos por estas datas. 

Grazas ao voso traballo, a comunidade educativa coñecerá un pouco máis da vida e obra destas mulleres galegas.

A realización desta webquest terá unha periodicidade anual, para ir pouco a pouco ampliando o álbum de mulleres célebres que temos na biblioteca.


... agora toca organizarse para comezar a pescudar!!