Saltar navegación

Introdución

Muller traballando no CampoComo xa falta pouco para conmemorar o Día da Muller Traballadora, invitámosvos a que lle botedes unha ollada á imaxe da dereita...

... seguro que alguén pensou en que morro ten a muller que descansa mentres o home está a traballar...

...pero, que hai de certo nesta instantánea?

... quen pensades que traballou máis ao longo do día?

... está valorado o traballo da muller igual có do home na nosa contorna?

Pois, para poder discutir estas cuestións con argumentos, anímovos a realizar esta webquest para pescudar información do traballo feito polas mulleres galegas ao longo da historia e da importancia que ten a conmemoración do Día da Muller Traballadora.