Saltar navegación

Guía didáctica

Destinatarios

  • Alumnado de 5º e 6º curso de Ed. Primaria

Obxectivos

  • Coñecer a orixe da celebración do Día da Muller Traballadora.
  • Pescudar información sobre mulleres galegas célebres.
  • Identificar  e coñecer as achegas á sociedade de mulleres galegas.
  • Identificar as desigualdades en función do sexo que hai na nosa contorna.
  • Ser capaz de realizar un traballo de investigación.
  • Desenvolver a capacidade creativa para plasmar a información seleccionada nunha presentación e nun cartaz
  • Usar as Novas Tecnoloxías no aula, manexando algunhas funcións propias do Sistema Operativo (copiar, pegar gardar arquivos, etc.), Internet a nivel de usuario, empregar algún programa de edición de presentacións.
  • Ser quen de por en liña a presentación elaborada.
  • valorar a importancia da conmemoración do Día da Muller Traballadora.

Contidos

  • Orixe do Día da Muller Traballadora.
  • Historia da conmemoración do Día da Muller Traballadora.
  • Mulleres galegas célebres.
  • Achegas á sociedade dunha muller ilustre galega.
  • A igualdade entre homes e mulleres na nosa contorna.
  • Metodoloxía das webquest.
  • A "presentación en liña" como elemento informativo.
  • O "cartaz" como elemento informativo.

Competencias clave

Nesta webquest trabállanse as seguintes competencias clave:

  • Competencias clave
  • Comunicación lingüística (CCL).
  • Competencia dixital (CD).
  • Aprender a aprender (CAA).
  • Competencias sociais e cívicas (CSC).
  • Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
  • Conciencia e expresións culturais (CCEC).

Metodoloxía

  • Material: Ordenadores con conexión a internet e impresora. Fichas de recollida de datos e material para escribir. Folios tamaño A3, lápices de cores, pegamento...
  • Software: Programas de navegación por internet, programas de edición de textos (Office, LibreOffice ou Google docs). Programas de edición de presentacións (Office, LibreOffice, Prezi ou Google Presentacións). Aconséllase para traballar con contas de Google que o centro cree as contas necesarias (nomedocentro01,nomedocentro02...) e facilite os datos de usuario e contrasinal ao alumnado. 
  • Organización do espazo: Traballaremos no aula de informática para a pescuda de información, no aula de plástica a realización dos cartaces e no aula de clase o traballo de exposición.
  • Organización alumnado: O alumnado traballará en grupo de dous membros, onde cada un deles realizará un dos traballos propostos no "Proceso" desta webquest. En gran grupo realizaremos a exposición dos traballos e o apartado de "Conclusións".
  • Recursos educativos: Os recursos complementarios aparecen reflictidos no apartado de "Proceso" da webquest..
  • Interrelacións: Nesta tarefa están implicadas as áreas de lingua, sociais, educación artística e os coñecementos transversais de "Educación non sexista" igualdade de homes e mulleres.

Temporalización

  • Seis sesións dunha hora no colexio, máis traballo para casa de pescuda de información.

Avaliación

  • O alumnado observará os criterios de avaliación das tarefas antes de comezar a realización das mesmas. Asemade, unha vez rematado o traballo, realizará a autoavaliación e comprobará a puntuación obtida.
  • O profesorado realizará a avaliación das tarefas presentadas segundo os criterios reflectidos na "Avaliación" da WQ.