Saltar navegación

Conclusión

Para rematar...

Pixabay. Tear de alfombras (CC0)

Como puidestes comprobar ao realizar a webquest, a conmemoración do Día Internacional da Muller, non radica nun acontecemento illado, senón que debemos situalo nun contexto histórico e ideolóxico moito máis amplo.

Segundo o aprendido nesta investigación, que opinión vos merecen as seguintes cuestións:

... débese continuar conmemorando esta data todos os anos?

... as xentes do noso entorno seguen a manter roles sexistas?

Un pouco de lecer

Rosalía de CastroSe remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:

    Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.

    Xa só resta desexarvos un...

    ... feliz Día da Muller Traballadora!!