Saltar navegación

Guía da unidade

icono guía      GUÍA DA UNIDADE

A seguinte unidade  pretende seguir unha metodoloxía de aprendizaxe construtivista, na que o alumnado poida construír o seu propio coñecemento de forma autónoma. Dita unidade pode realizarse tanto de forma autónoma a distancia, como semipresencial ou presencial na aula.

Aínda que a unidade pode ser utilizada como un complemento ao xa visto na aula. A súa realización apoiada co uso do caderno de clase para recoller algunhas actividades, como ademais para que o alumnado elabore os seus propios apuntes sobre a materia tratada, pode ser unha ferramenta axeitada para o traballo destes coñecementos desde esta unidade de forma independente.

O  presente tema corresponde ó terceiro desta unidade.



Desenvolvemento dos contidos no tema 3: A función de nutriciónII: Aparato respiratorio, circulatorio e excretor

Coa finalidade exposta a unidade didáctica presenta a seguinte estrutura:

1- Actividades iniciais.

Apartado inicial onde proporanse unha serie de cuestións sobre os aparatos respiratorios, circulatorio e excretor nos animais.. A finalidade destas preguntas non é a súa contestación correcta, senón introducir a unidade, e que o alumnado sexa capaz de valorar os seus propios coñecementos previos sobre a materia a tratar. Finalizada a unidade o alumnado poderá revisalas e reformulalas novamente cos coñecementos adquiridos para valorar os seus progresos.

Ademais inclúe dúas animacións, os episodios nº 3 e 4, na que os nosos personaxes introduciranse no interior dos aparatos respiratorios e circulatorio e excretor dunha vaca para descubrir o seu funcionamento.

2 – Actividades desenvolvemento: Aparato dixestivo

Unha vez vista a animación do episodio nº 3, e a presentación 4 do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi (no apartado final), sobre o aparato respiratorio dos animais, o alumnado estará en disposición de autoavaliar os seus coñecementos con este cuestionario.

3 Actividades desenvolvemento: Aparato circulatorio

Para realizar este cuestionario o alumnado deberá ver previamente a animación do episodio nº 4 e a presentación nº 5  do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi, sobre o aparato circulatorio.

4 Actividades desenvolvemento: Aparato  excretor

Para realizar este cuestionario o alumnado deberá ver previamente a animación do episodio nº 4 e a presentación nº 6 do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi, sobre o aparato  excretor.

5 – Actividades investigación:

Neste apartado aparecen unha serie de actividades de investigación sobre algúns conceptos relacionados co tema tratado. A súa finalidade é servir como actividades de ampliación para adecuar o aprendizaxe ós distintos ritmos da aula.

Ademais seguindo as pautas marcadas no tema 1 proporase ao alumnado a realización de tres mapas conceptuais, un por cada aparato, que sirvan como resumo do tema.

6 – Caderno de apuntes de Lynwin e Pi

Aínda que este apartado figura ao final os conceptos que aparecen neles son necesarios para realizar as actividades. Como bos científicos Lynwinn e Pi na súa viaxe á Terra tomaron nota de todas as súas observacións, e estas están recollidas no seu caderno. Os apuntes aparecen recollidos en forma de presentacións, que complementan os vídeos e axudarán ao alumnado a contestar ás actividades.

Obxectivos

  1. Recoñecer a respiración celular como o proceso mediante o cal as células obteñenn enerxía a partir da materia orgánica

  2. Diferenciar a respiración celular do proceso respiratorio levado a cabo nos aparatos respiratorios.

  3. Coñecer as condicións que requiren as superficies respiratorias, así como as distintas adaptación ao medio aéreo e acuático.

  4. Aprender as principais adaptacións dos aparatos respiratorios de diferentes grupos de animais.

  5. Coñecer os principais compoñentes dos aparellos circulatorios dos animais.

  6. Aprender as principais adaptacións dos aparatos circulatorios de diferentes grupos de animais.

  7. Comprender a excreción como o proceso de expulsión de refugos procedentes do metabolismo celular.

  8. Aprender as principais adaptacións dos aparatos excretores de diferentes grupos de animais.

.

Cos seguintes obxectivos desenvólvense as seguintes competencias básicas:

  1. Competencia en comunicación lingüística: mediante o uso da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrito. A adquisición e uso de vocabulario específico e o uso da linguaxe formal das ciencias e a estimulación da lectura comprensiva das actividades, e mediante a busca de información nas actividades de ampliación.

  2. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: co coñecemento do funcionamento dos distintos aparatos nos seres vivos e a súa relación con hábitos saudables beneficiosos .

  3. Competencia do tratamento da información e competencia dixital: é o eixe central da unidade didáctica ao traballar nunha aplicación informática. Ademais nos traballos de ampliación posibilítase ao alumnado o manexo das TIC para a súa realización.

  4. Competencia para aprender a aprender: co traballo da unidade didáctica mediante un obxecto dixital educativo (ODE) posibilítase o desenvolvemento da capacidade de regular e construír a propia aprendizaxe, coa finalidade de adquirir e asimilar novos coñecementos.

  5. Competencia de autonomía e iniciativa persoal: mediante a realización, e corrección da unidade dunha forma autónoma, potenciando a autonomía intelectual. Ademais nas actividades de ampliación estimularase o espírito crítico para enfrontarse con situacións cotiáns, participando na busca de solucións, obtendo a satisfacción da adquisición de novos coñecementos científicos.

Precoñecemento

Este bloque corresponde ao terceiro tema da unidade didáctica sobre as funcións dos seres vivos. Antes de comezar é recomendable desenvolver o tema I sobre as funcións dos seres vivos e o II, concretamente o apartado sobre o aparato dixestivo dos animais

Ademais deberás revisar os teus coñecementos sobre:

- A composición química dos seres vivos

- A célula e a organización celulares.

- As funcións da célula

- A clasificación dos seres vivos

- As funcións da célula

- A clasificación dos seres vivos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0