Saltar navegación

5 - Actividades investigación

ACTIVIDADES INVESTIGACIÓN

Ben , tras coñecer aos nosos protagonistas tal vez teñas dúbidas sobre eles e a vida no universo , polo que podes buscar información sobre algúns destes aspectos propostos a continuación  e recollelos no teu caderno:

.

 

Actividades investigación

Lynnwin e Pi pensativos

.

 .

.

Aínda que Lynnwin e Pi afondaron bastante no estudio do aparato respiratorio, circulatorio e excretor, teñen moitas dúbidas sobre algúns aspectos. Seica ti podes axudarlles, busca información sobre os seguintes aspecto e recóllea no teu caderno

 

1 – Todos os organismos da Terra que coñecen Linnwin e Pi necesitan osíxeno para asúa respiración celular. Existe vida no noso planeta que viva sen osíxeno? Sempre a vida no noso planeta foi con unha atmosfera rica en osíxeno?

Tal vez este tipo de vida non sexa algo tan afastado dos humanos, busca información sobre as fermentacións e as súas utilidades. Incluso algunhas das túas células poden obter enerxía sen osíxeno, sabes cales son?



2 – Nos mamíferos o principal sistema de transporte e o sistema sanguíneo, pero non é o único, descobre que é o sistema linfático e as súas funcións.



3 – Os insectos son animais de pequeno tamaño, pode existir relación co seu aparato respiratorio e circulatorio? Por que en épocas pasadas existiron insectos de gran tamaño?

4 - Vimos que non todos os animais posúen os mesmos aparatos circulatorios. O tipo que posúen esta moi relacionado co seu modo de vida, investiga a relación existente entre os distintos aparatos circulatorios e os chamados animais de sangue fría e quente, e como afecta a súa actividade e capacidade de resistencia ante esforzos prolongados.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0