Caderno de apuntes de Lynnwin e Pi
CADERNO DE APUNTES DE LYNNWIN E PI
Como bos investigadores Lynnwin e Pi recolleron no seu caderno de apuntes todos os datos das súas investigacións. Aquí podes acceder a esta información para completar a túa aprendizaxe.
MAPA CONCEPTUAL:
Os mapas conceptuais son unhas representacións gráficas do coñecemento en forma de rede nos que unimos distintos conceptos enlazados por frechas. Estas frechas poden levar palabras-enlace que especifican o tipo de relación.
O mapa conceptual é máis que un resumo xa que axuda a relacionar as nosas ideas e comprender mellor o aprendido.
Lynwwinn e Pi deixáronnos da súa viaxe á Terra uns mapas conceptuais. O problema é que o hidróxeno que usan para propulsar a súa nave é moi combustible, e tiveron un pequeno problemiña co lume, polo que parte desta información perdeuse, e so atopamos o primeiro documento correspondente ao tema 1 desta unidade.
.
.
Para completar a súa tarefa deberás realizar ti os tres mapas conceptuais correspondentes aos aparatos respiratorios, circulatorio e excretor.
.
.
|
Para realizar un bo mapa conceptual deberás ter en conta: Xerarquización Os conceptos deben estar dispostos por orden de importancia, os máis importantes ocuparán os lugares superiores da gráfica. O ideal é que cada concepto estea presente so unha vez. Selección. O mapa deberá ser unha síntese dos conceptos máis importantes. Deberemos entón seleccionar aquelas palabras clave para comprender o tema, e unilas mediante frechas que indiquen a súa relación. Impacto visual Deberá ter unha aparencia simple e vistosa. É aconsellable por isto facer primeiro un borrador. Unha vez rematado xa teremos unha visión global que nos permitirá refacelo e mellorar a súa presentación, destacando os conceptos máis relevantes. Aínda que ao principio pode resultar algo dificultoso, coa práctica acabarás sendo un auténtico experto e serás capaz de construír o teu coñecemento de forma ordenada, ao igual que nun mapa conceptual, facilitando a súa aprendizaxe. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0