Saltar navegación

1 - Actividades iniciais

Actividades iniciais: As funcións dos seres vivos

Lynwin e Pi queren seguir afondando sobre a función de nutrición, e teñen moitas dúbidas respecto ós aparellos respiratorio, circulatorio e excretor.

.

1 - En que consiste a respiración celular? En que consiste o intercambio gasoso do aparato respiratorio? Cal é a súa relación coa respiración celular?

2 - Por que os vertebrados terrestres non poden respirar baixo a auga? Non hai gases? Como fan entón os organismos acuáticos como os peixes?

3 - Que diferenzas hai entre as feces eliminadas polo aparato dixestivo e a urina eliminada polo aparato excretor?

4 - Teñen aparato circulatorio os artrópodos como os insectos ou os crustáceos? Necesitan entón todos os animais aparato circulatorio? Que compoñentes ten o aparato circulatorio dos vertebrados e cal é a súa función?



.

E ti que pensas sobre estas cuestións? Escribe a túa opinión no teu caderno. Tras finalizar este tema unidade poderás revisalas para ver se melloraches os teus coñecementos.

.

Ben, unha vez respondido a estas preguntas é hora de empezar a investigar. Vexamos entón o vídeo do EPISODIO 3: O aparato respiratorio e o EPISODIO 4: O aparato circulatorio e excretor.Tras isto podes atopar no caderno de apuntes (no apartado final) máis información para completar os teus coñecementos e poder realizar con éxito os cuestionarios do tema.

Episodio 3: Aparato respiratorio


David Casado Bravo. Episodio 3: O aparato respiratorio (CC BY-SA)
Episodio 4: Aparato circulatorio e excretor

David Casado Bravo. Episodio 4: aparato circulatorio e excretor (CC BY-SA)


David Casado Bravo. Episodio 4: aparato circulatorio e excretor (CC BY-SA)



 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0