Saltar navegación

Guía da unidade

icono guía      GUÍA DA UNIDADE

A seguinte unidade pretende seguir unha metodoloxía de aprendizaxe construtivista, na que o alumnado poida construír o seu propio coñecemento de forma autónoma. Dita unidade pode realizarse tanto de forma autónoma a distancia, como semipresencial ou presencial na aula.

Aínda que a unidade pode ser utilizada como un complemento ao xa visto na aula. A súa realización apoiada co uso do caderno de clase para recoller algunhas actividades, como ademais para que o alumnado elabore os seus propios apuntes sobre a materia tratada, pode ser unha ferramenta axeitada para o traballo destes coñecementos desde esta unidade de forma independente.

 

Desenvolvemento dos contidos no tema 1: As funcións dos seres vivos

Coa finalidade exposta o tema 1 presenta a seguinte estrutura:

1- Actividades iniciais.

Apartado inicial onde proporanse unha serie de cuestións sobre as funcións dos seres vivos. A finalidade destas preguntas non é a súa contestación correcta, senón introducir a unidade, e que o alumnado sexa capaz de valorar os seus propios coñecementos previos sobre a materia a tratar. Finalizada a unidade o alumnado poderá revisalas e reformulalas novamente cos coñecementos adquiridos para valorar os seus progresos.

Ademais inclúe unha animación o episodio nº 1, na que os nosos personaxes amosarán interese e dúbidas sobre distintos aspectos das funcións dos seres vivos, o seu obxectivo ao igual co alumnado será chegar ao fondo deste coñecemento.



2 – Actividades desenvolvemento:

Unha vez vista a animación do episodio 1, e a presentación nº 1 sobre as funcións dos seres vivos do caderno de apuntes de Lynnwin e Pi (no apartado final), o alumnado estará en disposición de autoavaliar os seus coñecementos con este cuestionario.



3 – Actividades investigación:

Neste apartado aparecen unha serie de actividades de investigación sobre algúns conceptos relacionados ou mencionados na unidade. A súa finalidade é servir como actividades de ampliación para adecuar o aprendizaxe ós distintos ritmos da aula.



4 – Caderno de apuntes de Lynwin e Pi

Aínda que este apartado figura ao final os conceptos que aparecen neles son necesarios para realizar as actividades. Como bos científicos Lynwinn e Pi na súa viaxe á Terra tomaron nota de todas as súas observacións, e estas están recollidas no seu caderno. Os apuntes aparecen recollidos en forma de presentacións, que complementan os vídeos e axudarán ao alumnado a contestar ás actividades.


A información complétase cun mapa conceptual e uns pequenos consellos para a súa elaboración.

Obxectivos

  1. Coñecer as funcións que caracterizan aos seres vivos.

  2. Coñecer os aparellos que interveñen na nutrición animal e as funcións que realizan.

  3. Comprender o proceso de alimentación e distinguir a autótrofa de heterótrofa.

  4. Entender a finalidade do proceso de respiración.

  5. Aprender a existencia da respiración anaeróbia sen osíxeno.

  6. Relacionar os procesos de respiración, circulación e excreción como parte da función de nutrición.

  7. Comprender os mecanismos básicos da función de relación.

  8. Coñecer a función de reprodución.

  9. Diferenciar a reprodución sexual de asexual

.

.

Cos seguintes obxectivos desenvólvense as seguintes competencias básicas:

  1. Competencia en comunicación lingüística: mediante o uso da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrito. A adquisición e uso de vocabulario específico e o uso da linguaxe formal das ciencias e a estimulación da lectura comprensiva das actividades, e mediante a busca de información nas actividades de ampliación.

  2. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico: co coñecemento do funcionamento dos distintos aparellos nos seres vivos e a súa relación con hábitos saudables beneficiosos .

  3. Competencia do tratamento da información e competencia dixital: é o eixe central da unidade didáctica ao traballar nunha aplicación informática. Ademais nos traballos de ampliación posibilítase ao alumnado o manexo das TIC para a súa realización.

  4. Competencia para aprender a aprender: co traballo da unidade didáctica mediante un obxecto dixital educativo (ODE) posibilítase o desenvolvemento da capacidade de regular e construír a propia aprendizaxe, coa finalidade de adquirir e asimilar novos coñecementos.

  5. Competencia de autonomía e iniciativa persoal: mediante a realización, e corrección da unidade dunha forma autónoma, potenciando a autonomía intelectual. Ademais nas actividades de ampliación estimularase o espírito crítico para enfrontarse con situacións cotiáns, participando na busca de solucións, obtendo a satisfacción da adquisición de novos coñecementos científicos.

Precoñecemento

Antes de iniciar a traballar con esta unidade revisa os teus coñecementos sobre:

- A composición química dos seres vivos

- A célula e a organización celular

- As funcións da célula

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0