3 - Actividades investigación
ACTIVIDADES INVESTIGACIÓN
Ben , tras coñecer aos nosos protagonistas tal vez teñas dúbidas sobre eles e a vida no universo , polo que podes buscar información sobre algúns destes aspectos propostos a continuación e recollelos no teu caderno:
Actividades investigación

.
.
.
1 - Lynnwin comentou que el e Pi veñen do sistema planetario da estrela Gliese. Investiga un pouco que son os exoplanetas e que ten de particularidade esta estrela.
2 - Verías que a nave de Lynnwin e Pi parece que bota fume, pero en realidade é vapor de auga, porque funciona cun motor de hidróxeno. Investiga como funcionan estes motores e por que o hidróxeno é un combustible moi axeitado para viaxar polo espazo, pero que ten algún problemiña na Terra
3 – Nun momento do vídeo do episodio 1, Pi comenta “A Terra é un planeta cunhas condicións inmellorables para a vida”. Busca información sobre estas características da Terra que fan posible a vida.
4 – Lynnwin e Pi decidiron tomar nomes máis terrícolas. Son nomes inspirados na ciencia, e no caso de Lynnwin tomado de Lynn Margulis e Darwin. Poderías descubrir algo máis sobre eles?
5 – Lynnwin toma un aspecto similar a un cefalópodo, como pode ser un polvo ou unha lura. Que podería chamarlle a atención destes animais para seleccionalos como a súa imaxe na Terra?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0