Saltar navegación

1 - Actividades iniciais

Actividades iniciais: As funcións dos seres vivos

Lynwin e Pi acaban de chegar á Terra dende o sistema planetario da estrela Gliese. Na inmensidade do Universo existen planetas moi distintos, e non teñen claro se a vida aquí será moi similar a que eles coñecen.

Antes de comezar con eles esta viaxe, para descubrir como funcionan os seres vivos na Terra, vexamos que sabes sobre eles. Contesta no teu caderno ás seguintes preguntas, tras finalizar esta unidade poderás revisalas para ver se melloraches os teus coñecementos

  1. Sabes que funcións realizan os seres vivos?

  2. Cal e a finalidade das distintas funcións dos seres vivos?

  3. Poderías nomear os distintos aparatos e sistemas do teu corpo, e dicir con que función vital están relacionados?

  4. Todos os seres vivos realizan da mesma forma as súas funcións vitais? Poderías indicar os principais tipos indicando exemplos de seres vivos para cada un?

.

Ben, unha vez respondido a estas preguntas é hora de empezar a investigar. Vexamos entón o vídeo do EPISODIO 1 A viaxe de Lynnwin e Pi á Terra.

Episodio 1: A viaxe de Lynnwin e Pi á Terra.


David Casado Bravo. As funcións dos seres vivos - Episodio 1: A viaxe de Lynnwin e Pi á Terra. (CC BY-SA)

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0