5- Hipergaleguismos
É un fenómeno característico do galego da época da xeración Nós (1916-1936). Por criterio purista, e fuxindo do castelán, efectúanse determinadas pseudoevolucións en palabras coincidentes co castelán que resultan erróneas. Algunhas tiveron certo éxito e achámolas durante tempo nos textos escritos.
