3-1-1- Exercicio
Lembra
Como se denomina o fenómeno do vocalismo átono que explica que poidamos escoitar vrea no canto de verea?

Por esta verea baixamos ao Teixadal
Identifica os vulgarismos 1
Era
moi fermoso escoitar no interior da catedral aquela múseca tan doce e interpretada
con tanto sentimento.
Parece
que desde a túa prespectiva, o úneco que paga a pena é ouservar con toda
atención os defeitos dos demais.
Este
vran dedicareino a practicar as técnicas máis autuais para conseguir un
perfeito bronceado.
O
condanado do rapaz non exercita a mamoria porque inora que ese é o mellor xeito
de mantela en forma.
Dentro
duns días levareite ao campo para que vexas que non todas as arbres son agoais.
